Acceso Aberto, Alfabetización e competencias, BUSC, Catálogo, De autor, Fondo antigo, Pasaron por aquí...

Escribindo sobre libros, documentación e bibliotecas …dende a propia BUSC

3110130230_8a9bca466b_o

Work with schools, Tompkins Square, a class of 8 grade. Imaxe sen dereitos de autor coñecidos, tomada do Flickr da NYPL Prema na imaxe para seguir a ligazón

Bibliotecarios e bibliotecarias da  Biblioteca Intercentros de Lugo

Hai uns meses escribimos, neste mesmo blog, Do mito do Xano bifronte e o persoal da BUSC, no que recolliamos algúns traballos dos bibliotecarios e bibliotecarias da USC nos ámbitos da literatura, investigación histórica, etc. Daquela adquirimos o compromiso (persoal!) de escribir outra entrada que recompilase os traballos de carácter profesional tamén publicados polo persoal da BUSC.

 

Se o inicio do ano adoita ser unha boa ocasión para retomar proxectos e propósitos, hai ademais outro motivo para que agora sexa o momento oportuno: xa está accesible no repositorio Minerva o traballo de Xosé Antón Regos Varela, que leva por título Fuentes de información en odontología. Trátase dun traballo que forma parte dunha obra en colaboración realizada por profesores do Departamento de Estomatoloxía, no que Xosé Antón Regos escribe o capítulo máis extenso. Anotámoslle, varios méritos: a colaboración na edición da obra, a descrición e clasificación das principais fontes de información en odontoloxía e a redefinición dunha edición limitada, pensada nun principio para difundir persoalmente entre profesionais do sector, levándoa á difusión en acceso aberto ao depositala no repositorio da USC.

Non é a primeira publicación deste autor, que xa ten difundido outros traballos sobre xestión de coleccións e planificación bibliotecaria.

Por volver coa análise de fontes de información, queremos destacar os traballos de Francisco Méndez García e Anxo Doval Rey, (Douscentos anos do “Code Civil des Français” na USC (1804-2004) : catálogo da exposición celebrada na Biblioteca Concepción Arenal ,O proceso formativo da compilación de 1963, e 50 aniversario da compilación de Dereito Civil de Galicia : catálogo bibliográfico . E seguindo coa recompilación de fontes, facemos mención a A documentación da Unión Europea, de Inés Amboage García.

Porén, a meirande parte dos traballos son recompilacións bibliográficas patrimoniais, como Guía do fondo antigo de monografías da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela de Celia Couce, Mª Virtudes Pardo e Daría Vilariño, Catálogo del fondo bibliográfico histórico Caixa Galicia de María Virtudes Pardo Gómez, Muller e educación en España, 1868-1975 de Isidoro Castaño, Mª Jesús Martín, Almudena Quintáns,Celia Couce e Daría Vilariño Pintos, os traballos de Isabel Alvarez García (algún deles en colaboración con Cristina Cabada Giadás), Catálogo de la biblioteca de Castelao de Mercedes Alsina, Fermín Bouza Brey: catálogo da Mostra Bibliográfica organizada pola Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela coordinado por Carmen Vázquez Ramos, Un manual de bibliotecas de 1747 “Sobre el modo de ordenar y componer una Librería” escrito por Oliver Legipont de Ramón Lema Bendaña, “PHILOBIBLON Seu de Amore Librorum” de Isidoro Castaño Ballesteros, Repertorio analítico de artigos de temática histórica publicados pola revista “El Museo de Pontevedra” de Francisco Redondo Aboal, O legado de Eduardo Vilariño Pintos á Biblioteca Concepción Arenal da USC do xa citado Francisco Méndez ou Alcalá de Henares, academia bíblica y renacentista de Mª Araceli García Piñeiro, Pilar del Oro Trigo, Mª Virtudes Pardo Gómez e Daría Vilariño Pintos. Os traballos de Pancho Valle-INclán sobre bibliotecas penitenciarias- este en colaboración con Fran Redondo- e as biblioteca de Valle-Inclán , ou a Biografía da revista Blanca, engádense a este bosquexo bibliográfico que tentamos facer.

Sobre patrimonio bibliográfico destacamos os traballos da actual directora Mabela Casal, Normativa sobre patrimonio bibliográfico en las Bibliotecas Universitarias españolas e El patrimonio de las Bibliotecas Universitarias en la red ou máis especificamente sobre a propia biblioteca da USC, Biblioteca América, presente y futuro del sueño de un visionario emigrante gallego.

Seguindo pola banda da historia, destacamos O Libro galego onte e hoxe: catálogo da exposición bibliográfica; Santiago, maio-xuño 1979  de Daría Vilariño e María Virtudes Pardo Gómez. Temos tamén  O libro galego onte e hoxe: do século XIII ao século XX no que  colaboraron Eva García Ríos, Rosa  Couselo Otero e Lorena Gómez Méndez ; co asesoramento de Isabel Alvarez García. E o ano 2014 viu tamén a luz o fundamental Bibliotecarias e bibliotecarios “infames” do prolífico Fran Redondo, que se engade aos moitos traballos xa publicados polo autor. 

A xestión das coleccións e tamén motivo de estudo. Así algúns traballos publicados hai anos na obra colectiva Homenaxe a Daría Vilariño, como Subscricións da Universidade de Santiago: suba dos precios no trienio 1990-1993, de Francisco Méndez e Marta Abad. Neste apartado non podemos esquecer os traballos de Concha Varela Oriol, como aquel A literatura gris nas Bibliotecas Universitarias, que pasou xa por mans de varias xeracións de opositoras e opositores bibliotecarios, asombrados aínda hoxe da súa modernidade e oportunidade.

Sobre a BUSC, destacamos La Biblioteca Universitaria y sus riquezas de Daría Vilariño Pintos, A Biblioteca universitaria, de María Virtudes Pardo Gómez, A Sección Galicia da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Mª Carmen Vázquez Ramos e Pilar González Novoa ou os máis recentes de Mabela Casal, Una universidad será excelente en la medida en que su biblioteca también lo sea, La biblioteca universitaria de Santiago de Compostela.

A situación das bibliotecas universitarias galegas é o tema central do artigo Cooperación ou competencia: paisaxes para as bibliotecas universitarias galegas de Celia Couce Cachaza e Concha Varela Orol ou, nun ámbito máis específico, como o reflectido en Situación actual de las colecciones de arte en las bibliotecas de Lugo y Ourense de Carmen Cierto Castaño.

Outros dous temas recorrentes son o acceso aberto e a formación de usuarios. En canto ao acceso aberto destacamos os traballos de Mabela Casal Recomendaciones para la implementación del Artículo 37 Difusión en Acceso Abierto de la Ley de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación, ou El acceso abierto en las universidades españolas: estado de la cuestión y propuestas de mejora

Sobre a formación de usuarios citamos Nuevas perspectivas en las relaciones bibliotecario-usuario: una reflexión sobre el servicio de Información de Mª Jesús Gutierrez Andrés, Proyecto de un plan de formación de usuarios para la biblioteca de un campus universitario de Julia Cantalapiedra Alvarez, Trabajando juntos: hacia un modelo común de evaluación de la formación en competencias informacionales de Mª Isabel Casal Reyes e Carmen Varela Prado ou os pósters Contribuíndo á formación de estudiantes e investigadores competentes: o plan de formación en competencias informacionais da USC, de Isabel Casal Reyes, Mª Luz Ríos Rodríguez e Carmen Varela Prado, e Trabajando competencias de información: una experiencia con investigadores en el Campus de Lugo, de Inés Amboage García, César Gómez Pérez e Julia Cantalapiedra Alvarez, ambos presentados no IX Foro Internacional FECIES.

Sen pretender ser unha revisión exhaustiva, esta é unha pequena mostra da faceta investigadora de boa parte dos nosos compañeiros e compañeiras, comprometidos/as cunha profesión cuxo corpo teórico segue a precisar do pulo de persoal bibliotecario animoso e afoutado. Sodes un exemplo a seguir: “Audentes fortuna iuvat !“. Pois iso…

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: