BUSC, Pasaron por aquí...

O que fixo posible un 8 de marzo de 1910

Número correspondente ao 9 de marzo de 1910 da Gaceta de Madrid abrindo o paso ás mulleres na Universidade

Número correspondente ao 9 de marzo de 1910 da Gaceta de Madrid abrindo o paso ás mulleres na Universidade. Fotografía tomada na sala de investigadores da Biblioteca Xeral.

L.G,

Que ten de particular a data do 8 de marzo de 1910? Pois que nesa data aprobábase no Consello de Ministros (publicábase na Gaceta de Madrid o día seguinte) o acceso xeral das mulleres a universidade, derogando asi a do 11 de xuño de 1888 que establecía a necesaria solicitude previa. Esta é a orde:

  “(…) S.M. el Rey (q.D.g.) se ha servido disponer que se considere derogada la citada real orden de 1888, y que por los jefes de los establecimientos docentes se concedan, sin necesidad de consultar a la Superioridad, las inscripciones de matrícula, oficial o no oficial, solicitadas por las mujeres, siempre que se ajusten a las condiciones y reglas establecidas para cada clase y grupo de estudios”

Lembramos hoxe as dúas mulleres pioneiras en algo tan cotiá para nós coma é asistir a clases na Universidade:  as irmás Elisa e Jimena Fernández de la Vega, primeiras licenciadas da USC, que escoitaron increpacións dalgúns compañeiros e mesmo tiñan que ir escoltadas a clase. POlo feito de ser mulleres. Tamén foron excluídas das leccións de anatomía, non debían ver “corpos espidos”,polo feito de ser mulleres.  A pesares das dificultades, ambalas dúas licenciáronse con honra, desenvolveron unha carreira profesional exitosa, codeándose con Novoa Santos e Marañón, abrindo camiño a unha dobre invisibilidade: a de ser muller e a de ser científica.

No ano 1995, a USC encárgalle ao artista Xurxo Mariño un “vítor” que se pode contemplar no claustro da Facultade de Xeografía e Historia, en homenaxe as dúas irmás. É o único vítor da USC adicado a mulleres.

jimena e elisa

Vítor adicado a Elisa e Jimena Fernández de la Vega e que se pode contemplar no claustro da Facultade de Xeografía e Historia. Cadro de Xurxo Mariño.

Na BUSC temos as  publicacións de Elisa e Jimena Fernández de la Vega:

Elisa Fernández de la Vega no catálogo da BUSC 

Jimena Fernández de la Vega no catálogo da BUSC

Imprescindible, para comprender hoxe o que supuxo a chegada destas primeiras mulleres á universidade compostelana, o traballo de Ánxela Bugallo no Album da Ciencia da web culturagalega.org referidos a Jimena  e Elisa Fernández de la Vega; o bo resumo do acceso da muller a Universidade que fan na web de rtve sobre Cien años de igualdad en la Universidad,  e botar tamén unha ollada ao que din os informes sobre presenza das mulleres nos cargos directivos universitarios (deixamos a ligazón a toda a documentación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC). E sobre mulleres científicas, a escolla de vocación e as influenzas da contorna, gústanos moito o blog de Mujeres con ciencia.  Interesante tamén The Valentina Project , así coma o informe Científicas en Cifras (estatísticas e indicadores sobre a desigualdade de xénero na formación e profesión científica), asi coma o programa She figures.  A todas elas, grazas por compartir as súas experiencias.

No noso taboleiro de Pinterest, Mulleres no mundo, damos conta de todas estas cousas que atopamos na rede e que partillamos nas redes sociais.

E parabenizar, como non, ao programa Woman emprende da nosa Universidade polo recoñecemento que terá hoxe á súa labor e traxectoria!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: