De autor, Pasaron por aquí..., Varios

Un meniño reporteiro acompañado dun cadelo : Hergé en oitenta linguas

Cartel da exposición "A volta a Hergé en oitenta  línguas": cartaz da exposición que estará na Biblioteca da Diversidade, Pazo de Fonseca, ata o 30 de maio.

Cartel da exposición “A volta a Hergé en oitenta línguas”: cartaz da exposición que estará na Biblioteca da Diversidade, Pazo de Fonseca, ata o 30 de maio.

L.G.

Un meniño reporteiro acompañado dun cadelo, viaxes arredor do mundo, misterios e xornalismo de xoguete pero cunha actitude moi adulta…, non precisaríamos moito mais para saber que falamos de Tintin, un dos persoaxes de banda deseñada mais queridos e seguidos polo público, tamén cuestionado ideolóxicamente hoxe en día por algún sector da crítica pero, sen dúbida, un dos que esperta paixóns mais encendidas entre lectores e coleccionistas. Temos a sorte de desfrutar nestes días, no Pazo de Fonseca, da exposición A volta a Hergé en oitenta línguas, unha ampla mostra plurilingüe da colección de Pedro Rey, tintinómano de pro, autoridade na materia e que nos deu esta conversa, que non entrevista, de xeito informal e un tanto desordeado( culpa isto de Lorena Gómez, que é a que facía as preguntas)

P.- Parece de rigor comezar por falar dos inicios de todo: esta paixón por Tintin comezaría na túa infancia, pero poderías lembrar cando exactamente? Cal foi o primeiro albúm que liches?

R.-Aos seis anos, no meu aniversario, agasalláronme con Tintín en el país del Oro Negro e quedei abraiado. A partires de alí moitos dos agasallos xa estaban resoltos: Tintines, as figuriñas despois, mesmo libros sobre a creación do tebeo. Lembro ler os títulos na contraportada e querer telos todos. E pouco a pouco funme metendo, investigando un pouco mais, querendo coñecer sobre a creación e conseguindo bibliografía.

P.-Recoñezamos que non é o mesmo o coleccionismo de tebeos antes que agora. Refírome ao feito de que na rede podense atopar non so os tebeos en si mesmos, senón unha ampla oferta que vai dende os catálogos, o “merchandising”, facer contactos nos medios…mesmo ti creas e mantés un blog adicado ao mundo de Tintín. Onde empeza a amizade e o “bo rollo” entre coleccionistas e onde a competitividade por ter o obxecto mais preciado?

Eu era socio do club “Don Miki” nos anos mozos, e de alí foron xurdindo xa contactos, amizades interesadas nos tebeos. Tamén, é certo, o feito de viaxar con certa frecuencia a Madrid, onde xa había moita libraría especializada axudaba a atopar referencias, a facer contactos. E por moito que soe a tópico, en xeral a xente interesada axúdase moito, cada un ten uns límites económicos claro, pero en xeral a información flue e mesmo se potencia, coma é o caso da nosa asociación ¡Mil rayos! Asociación Tintinófila de Habla Hispana.

P.-Dos seis anos ata agora pódese manter unha fascinación por un persoaxe pero, en realidade e que non se ofenda ninguén, a idea pode resultar aos ollos de hoxe algo simple- un neno cun can que fai de detective…e o público segue respostando. Que ten Tintin que pode competir co universo Marvel de superheroes e superheroinas ou mesmo de sagas medievais sanguinolentas?

Pois precisamente iso: a fascinación da sinxeleza apoiada pola liña clara do debuxo,As historias seguen a intresarnos hoxe pola súa naturalidade, non hai raios X nos ollos, non hai superpoderes. Pero hai viaxes e a recreación das paisaxes, un ensamblaxe entre persoaxes e un xeito de dar a volta ao mundo.

P.- E interesante a fascinación polos “persoaxes nenos que tamén actúan coma adultos”…penso, por exemplo, nas aventuras de “Los Cinco” que facían reunións en cobertizos, ían de acampada,  investigaban de noite misterios, percorrían camiños subidos a bicicletas ou, o mais soprendente para nós, era que falaran coa policía e os tiveran en conta case coma adultos en proxecto, non coma nenos. Tintín nese sentido foi totalmente innovador.

Certo, porque era, como dixemos, unha maneira de amosar o mundo adulto dun neno-adolescente que ten patente de corso para participar nel. Ese é o segredo de manter a fascinación do lector, unha fidelidade clarísima ao persoaxe principal e tamén aos secundarios que se moven con él.

P.- Non podemos deixar pasar por alto o cuestionamiento da figura de Hergé, autor de Tintín. Moito se di, aberta ou veladamente, sobre racismo e misoxinia e, incluso, algún grao de “capitalismo compasivo” co tema colonial.

Penso que Tintin, coma tódalas lecturas relidas en perspectiva, amosan, como xa dixemos un xeito de entender o mundo. Hergé tería as súas cousas, pero non esquezamos o momento histórico no que as historias se debuxaron e foron publicadas. E perigoso as veces xulgar con criterios contemporáneos a literatura que reflicte un determinado momento. É unha testemuña.

P.-De acordo, pero non é o mesmo ler Tintín en el Tíbet, por exemplo, con seis anos, que facelo con dezaoito ou vinte. Tamén se ten criticada a ausencia de persoaxes femininas e a caricaturización das mesmas (o caso da Castafiore).

Tintín publicabase nun suplemento dun xornal católico belga, hai que telo en conta tamén. E tamén hai que botar unha ollada ao que se facía en banda deseñada nese momento e a imaxe da muller que aportaban, que en gran medida reflectía tamén a ideoloxía e o contexto do momento. A primeira super heroína foi Wonder woman, e tardou algúns anos en xurdir. Xa a denominación “soviets” indica un momento histórico concreto. Por suposto que coma lectores maduramos e a nosa capacidade crítica vai medrando con nós tamén, pero, insisto, hai que poñelo en perspectiva.

P.- Vaiamos un pouco ao contexto librario do asunto. Tintin é un dos tebeos mais reeditados da historia e, tamén, mais traducidos, do cal esta mostra é un clarísimo exemplo. Hai cambios salientables nas traducións no caso de distintas edicións da mesma aventura?

En España, por exemplo, houbo unha diferenza entre a tradución de Conchita Zendera, da editorial Juventud, que detentaba os dereitos de publicación, e unha serie das aventuras publicada pola editorial orixinal belga, Casterman, que finalmente retirouse da venda. Aí o Asunto Tornasol pasa a ser O caso Tornasol ou se muda, mesmo, o nome dalgún persoaxe. Hai que ter en conta que as traducións non se fan “en bloque”, tódalas aventuras de golpe a unha lingua determinada. No caso de comercialización vanse sacando nos distintos mercados os ábums mais exitosos ou con mais edicións, como é o caso de Las joyas de la Castafiore, que é a mais reeditada. Por outra banda, tamén conta o diferente peso dos mercados anglosaxón, hispano e francófono.

P.- Falamos antes un pouco dos obxectos de culto relacionados con Tintín e que non soamente libros. Mencionemos, por exemplo, o programa de radio que facía Tardá, recentemente falecido, “Tintin à la radio“. Poderíamos falar da música que soa nos álbums de Tintín (e non soamente as arias que canta a Castafiore) 🙂 ?

De feito existía nese programa o que se chamaba “La discoteca privada d’Hergé”, un sincretismo musical tremendo desde ópera, efectivamente, ata o rock mais recente e vangardista.

P.-Tería sentido unha aventura de Tintin adulto? Penso, por exemplo, no éxito que tiveron Las nuevas aventuras de Esther ou a novela mais recente Esther cumple cuarenta, onde se parte dun público previo, fan de Esther na adolescencia, e que agora comprende mais e mellor a Esther adulta. E a persoaxe de Hergè susceptible dunha revisión coma esta ou, digamos, queda mellor no imaxinario colectivo coma un neno-adolescente case “conxelado”?

Hai un Tintín algo distinto que é Tintín e os pícaros, onde hai xa unha achega a esa idade adulta: deixa de levar bombachos, parece algo maior…pero quizabes o encanto resida nesa atemporalidade da persoaxe, en que sexa case unha marca de fábrica permanente.

P.-Para rematar: algunha edición- todas o son, xa o sabemos!-, da que estés especialmente orgulloso de ter conseguido para exhibir nesta exposición?

Todas, por suposto, pero hai algunhas mais sorprendentes, coma a edición en occitano; sen esquecer todas as variantes lingüísticas de Bélxica, a patria de Hergé.

A exposición, na sede da Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural, poderá visitarse ata o día 30 de maio.

O blog de Pedro Rey podédelo visitar aquí

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: