Catálogo, Redes sociais

Algo pasa con Pinterest

Logo de Pinterest tomado da páxina web da compañía https://about.pinterest.com/es/introducing-guided-search

L.G.

Non temos nada que engadir ao moito que nos gusta Pinterest, ao uso que se lle está dando por parte das bibliotecas españolas e iberoamericanas– con desembarco masivo nesta plataforma- ao xa referenciado polo noso compañeiro Jesús Torres no post  Pinterest na BUSC.  Xa ten pasado certo tempo dende aquel post e  as bibliotecas na BUSC  foron sumándose- aquí podedes ver a listaxe das bibliotecas da BUSC que usan Pinterest- vendo, coma di Jesús, o principal potencial na oferta de amosar novidades, recompilar recursos, facer un pouquiño de humor ou turismo bibliotecario, etc.  As que usamos Pinterest con certa frecuencia, e mesmo quen xestiona eses taboleiros, decatáronse hai uns meses dalgúns cambios nesta rede social e a decepción que provocou nalgúns usuarios e usuarias. Intentemos facer un resumo dos feitos: -No activísimo e moi recomendable grupo de Facebook Bibliotecarios Pinteresantes, comeza a espallarse a nova de que os contidos en Pinterest precisan do rexistro previo por parte do usuario. Que quere decir esto? Ben, ata ese momento, calquera persoa podía achegarse aos taboleiros e velos coma se ollase a calquer otro contido na rede que estivera aberto, non se precisaba ser membro rexistrado para poder botar unha ollada, manterse ao día das novidades, curiosear sobre os recursos contidos, etc. Que foi o que sucedeu? Pois que a partires dese momento, se unha usuaria ou usuario non tiña conta en Pinterest ollaba unha barra negra, unha especie de “alto aí!” que impedía a correcta visualización das imaxes e, polo tanto, da información contida. -Dentro do mencionado grupo deuse pe a unha iniciativa que secundamos a maioría das bibliotecas participantes, e, tamén moitos usuarios e usuarias a título individual: facer unha petición colectiva reclamando que os contidos en Pinterest foran públicos, que non precisaran rexistro. Aludimos a visibilidade que daba as nosas coleccións e iniciativas, a boa acollida que tiña por parte do público das bibliotecas, e, tamén, ao feito de que xa eramos un considerable número de institucións as usuarias desta rede e o traballo desenvolvido nela. O texto completo da petición podédela atopar no blog de Biblioblog, donde a sempre inqueda Natalia Arroyo asinaba o post titulado Quiero que mis contenidos en Pinterest sean públicos -Paradoxalmente, e agardando aínda unha resposta por parte dos responsables da rede social, no devandito grupo de Facebook  Ana María Rodríguez Navarro fainos chegar un artigo titulado ¿Qué redes sociales crecieron más en 2014? onde sinalan que a rede social que mais medrou no ano 2014 foi Pinterest, a pesares desta restrición de contidos aos usuarios rexistrados. Cal é a nosa postura sobre este asunto? Ben, en primeiro lugar e como xa se sinalaba na petición enviada a Pinterest, a BUSC, coma tódalas bibliotecas asinantes, estamos totalmente a favor da libertade dos usuarios, non se lle pode obrigar a alguén a estar rexistrado nunha rede social : a biblioteca está nas redes sociais coma tamén antes deu o paso de estar na web. Non é excluínte : é un lugar mais onde estar, no que publicamos contidos e ligazóns que, consideramos, poden ser de interese para os nosos seguidores; pero  non aparta ao catálogo, nen a formación dos usuarios, nen outras formas de traballo.  Agora ben, mália ser un recurso moi atractivo, non é nin moito menos a única maneira de acceder as novidades: dende o catálogo da BUSC ata a recompilación que se vai subindo á páxina web de “novidades no catálogo”. Pinterest é un recurso mais, moi atractivo, pero non o único. Cal vai ser o futuro? Ben, seguimos a traballar nos taboleiros de Pinterest e tamén buscando novas solucións que permitan ofertar as novidades en diferentes formatos, confiando por suposto en que tamén teñamos un cambio de rumbo na política de Pinterest.  Unha destas novas solucións pasa por traballar con redes coma Diigo, por exemplo, ou atopar novas formas de facer chegar os contidos aos usuarios. Polo momento, convidámovos a que botedes unha ollada a algúns novos taboleiros que imos creando, coa idea de migralos a outra plataforma se é preciso: Mulleres no mundo:  Creamos este taboleiro co gallo do día da muller traballadora, pero non queremos que sexa unha anécdota. Imos engadindo novas que atinxen a situación da muller no mundo, á diversidade, á discriminación, tamén as conquistas que se van facendo día a día en prol da igualdade de oportunidades. Comezamos recollendo o que faciamos en Facebook e Twitter e imos engadindo mais a medida que imos atopando. Utilidades en liña, ferramentas na rede, cousiñas interesantes: Este taboleiro é, como o seu nome indica, unha especie de caixón no que recompilamos algunhas cousas que atopamos aquí e acolá, en diversos lugares da rede e que tamén poñemos nos nosos Twitter e Facebook.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: