BUSC, Ferramentas

Subvención do servizo de préstamo interbibliotecario e fotodocumentación

book-316411_1280

Imaxe sen título, en licenza cc0 Public Domain Prema na imaxe para acadar a orixe

Na comisión de biblioteca do 18 de marzo, acordouse a gratuidade do servizo de fotodocumentación e préstamo interbibliotecario para os membros da comunidade universitaria.  Quere decir isto que podemos solicitar todos os documentos que queramos e fotocopiar sen límite? Non exactamente.

Vexamos as preguntas que poden xurdir ao respecto:

Se o servizo é gratuíto podo pedir entón todas as fotocopias que quera sen contar cantas, non?

Para empezar, partiremos de que o solicitante é usuario propio da BUSC, é decir, miembro da comunidade universitaria e precisa solicitar fotocopia dun documento que non existe nas coleccións da BUSC. Entraría aquí a subvención e o reparto sería deste xeito:

-Un máximo de 100 documentos ao ano para persoal docente e investigador. O mesmo aplicarase aos estudantes de máster e doutoramento.  A subvención aplicarase indistintamente se se fai ao cargo de departamentos e proxectos de investigación ou a cargo do solicitante.

-Un máximo de 25 documentos para alumnos de grao e PAS da USC.

Tarifas   Axuda   USC

Que sucede coas fotocopias que quero facer nos distintos puntos de servizo? son de balde tamén ou teño que pagalas?

A subvención é para o servizo de fotodocumentación e préstamo interbibliotecario:  documentos solicitados que, subliñamos, non existan nas coleccións da BUSC, tanto en formato orixinal-. xeralmente un libro, que se consulta na sede da biblioteca receptora- como reproducción dalgunha parte (xeralmente un artigo).  Para facer fotocopias puntuais nos centros e puntos de servizo, as tarifas son as vixentes e establecida polo servizo de reprografía.

Que sucedería se paso do número de fotocopias subvencionadas? Deixo de ter acceso ao servizo? 

No momento en que se exceda o número de fotocopias, aplicarase a tarifa normal.

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Subvención do servizo de préstamo interbibliotecario e fotodocumentación

  1. Se pido un libro por préstamo interbibliotecario e unha vez na miña biblioteca de referencia quero fotocopiar algún capítulo, aplícase a subvención a esas fotocopias ou teño que pagala eu?

    Gústame

    Posted by Mónica | 14 Marzo 2016, 11:09
    • Bo día, Mónica. A gratuidade de fotocopias refírese a artigos de revistas alleas a BUSC e iso si está subvencionado; do mesmo xeito que está o préstamo interbibliotecario. De solicitar un documento por esta vía, e que sería consultable no punto de recollida e non susceptible de préstamo a domicilio, é o usuario o que ten que facerse cargo de aboar as fotocopias. Teñamos en conta, por riba de todo, as restricións que impón a Lei de Propiedade Intelectual.
      Moitas grazas por participar.

      Gústame

      Posted by Fonseca | 14 Marzo 2016, 13:07

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: