BUSC, Pasaron por aquí...

Filgueira Valverde, doutor Honoris Causa da USC

O vindeiro día 26 de abril cúmprense dezanove anos da investidura de Xosé Filgueira Valverde como Doutor Honoris Causa pola USC. Non queríamos deixar pasar esta efeméride sen, polo menos, adicarlle unhas liñas no blog da BUSC e, deste xeito, engadir un novo fito a nosa sección “Pasaron por aquí”.

O autor homenaxeado nas Letras Galegas deste 2015 fai un discurso cheo de lembranzas e emocións, entre elas a fundación do Seminario de Estudos Galegos e, tamén, aos “fillos espirituais da xeración Nós”:

 “Creamos o 12 de outobro de 1923 o Seminario de Estudos Galegos, que anovou as investigacións con criterio interdisciplinar e universalista, baixo a orientación de homes egrexios de xeración “Nós”. Naceu na Universidade, tivo persoeiros universitarios e centros de traballo nas facultades. Foi un esforzo anovador no que sorprende a acollida que as ousadas iniciativas dunha rolda de mozos- algúns non cumpríramo-los dezasete anos- puideran atopar no ambiente de Compostela. E non menos sorprende o xeito que diferencia as investigacións de entón das de hoxe, cando a información bibliográfica era precaria, cando tiñamos que andar á procura de libros, de porta en porta dos mestres e amigos.”

(Fragmento do discurso da investidura de Xosé Filgueira Valverde coma Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, 26 de abril de 1996)

seminario

A lección do doutor Filgueira Valverde foi respostada polo discurso de gabanza do doutor Xosé Manuel López Vázquez, concluíndo o acto o discurso de peche do Excmo. Sr Rector Magnífico  da Universidade de Santiago de Compostela, o doutor Darío Villanueva Prieto. Filgueira Valverde refírese ao contexto da universidade compostelana, ao feito de que non existira a posibilidade de acadar o doutoramento na mesma ata o ano 1943 -lembrado polo Rector no seu discurso de resposta- e, tamén, as amizades forxadas neses anos, algunhas delas compañeiras de viaxe durante case toda a vida e que terían moita relación cos seus diversos proxectos intelectuais e de investigación.  Refírese o novo doutor  ás dificultades de facer investigación nunha contorna na que o acceso a catálogos bibliográficos, fontes e recursos informativos eran “precarios”, a fonda transformación da Universidade neses anos, no que as “lonxanas utopías” foron convertíndose en realidades, coa creación de diversas facultades e mencionando expresamente a Biblioteca América e “a Lago” coma algúns dos logros salientables deses anos.

Na páxina da Mediateca da USC podemos acceder ao discurso completo, e temos tamén na BUSC o exemplar en papel.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: