Comunicación científica

Avaliación, métricas: Manifesto de Leiden (e unha infografía para lembralo)

No pasado mes de abril publicouse o “Manifiesto de Leiden”, asinado por investigadores da talla de Diana Hicks, Paul Wouters, Ludo Waltman, Sarah de Rijcke and Ismael Rafols. O manifesto, publicado na revista Nature e  accesible na web Leiden manifesto for research metrics, plantexa un decálogo de boas prácticas no uso de métricas para a avaliación científica. Os autores parten dunha introducción na que lembran o cambio que supuxo  no sistema de comunicación científica o momento no que a avaliación pasou de estar baseada en valoracións de expertos a depender dunhas métricas e conxunto de indicadores non moi ben coñecidos e, decotío, non ben aplicados. A vítima final deste mal uso sería o propio sistema científico que, en palabras dos redactores do manifesto, podería caer fronte aos instrumentos deseñados para melloralo.

Os autores fan tamén un repaso polos distintos sistemas establecidos desde o Science Citation Index ata a chegada da WoS, pasando por Scopus ou Google Scholar, asi coma o momento no que Jorge Hirsch propón o seu famoso xa “Índice H”, que populariza o reconto de citas de investigadores individuales.  Abordan tamén o crecemento do interese polo factor de impacto nas revistas académicas, asi coma a aparición de medidas de uso social ou métricas alternativas. Cal é  a conclusión á que chegan e punto de partida deste Manifiesto? A preocupación polo uso incorrecto dos indicadores científicos, proporcionando exemplos coma a obsesión polos rankings de universidades- baseadas en indicadores arbitrarios- ou o caos producto do descoñecemento do bo uso: peticións de índice-H para postos de traballo, as promocións en universidades que poden estar suxeitas a valoracións en Índice H ou a publicacións en revistas de alto impacto: asi coma os investigadores unha prima por publicar en revistas cuxo FI sexa superior a 15.  Con todas estas cuestións sobre a mesa, abórdase a necesidade de sistematizar unha serie de recomendacións sobre como deben interpretarse tanto os indicadores coma os sistemas de avaliación. O que se subliña no decálogo non son novidades en si mesmas, en realidade trátase de contextualizar. Ou, coma din os redactores:

Ofertamos esta síntese de boas prácticas en avaliación baseada en indicadores métricos para que os investigadores podan pedir contas aos avaliadores, e para que os avaliadores podan pedir conta aos indicadores

Nós, pola nosa parte, pensamos que o mellor xeito de amosar o decálogo é por medio dunha infografía, feita con algo de humor, iso si.  Velaí a nosa sistematización que agardamos sexa do voso interese e que podedes descargar aquí: Manifesto Leiden

Os dez principios do Manifesto de Leiden…cun chisco de humor

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: