BUSC, De autor, Varios

Todos xuntos, ligados pola palabra ( unha celebración do 23 de abril)

 

CARMEN VARELA PRADO

O 23 de abril, Día Internacional do Libro, conmemorouse o cuarto centenario da publicación da Segunda parte de El Quijote. Na Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) e co beneplácito do decano, quixemos render unha pequena homenaxe a ese persoaxe cervantino, artífice da lingua que expresa, de intelectualidade e razoamentos de tipo social tan fora do seu contexto e da imaxe que representa como heroe en busca dunha utopía, un persoaxe …sen caducidade e sen fronteiras. O noso informe, a nosa experiencia, pode descargarse aquí.

 

Primeira Parte

E que mellor forma, como corresponde a unha biblioteca, que expoñer toda a colección de edicións de El Quijote que constan no seu fondo. Foron protagonistas por un día as once edicións propias mais dúas coleccións privadas, cedidas por dous profesores para este día. Edicións de luxo e outras mais modestas, sendo a mais antiga de 1844, que lembra o nacemento desta biblioteca no seo da Escola Normal en 1842. Non faltou tampouco unha colección de estudos sobre a obra que sembrou certa nostalxia entre algúns dos visitantes mais maiores lembrando tempos de estudante; autores como Ortega y Gasset, Martin de Riquer e Moreno Báez..

Non soamente presentamos unha colección impresa, senón tamén un exemplar interactivo da Biblioteca Nacional coa mensaxe de que non importa o soporte…o que importa é LER.

A colección non podía quedar en silencio, polo que toda a mostra estivo acompañada dunha presentación audiovisual cunha selección de ilustracións de Gustav Doré e acompañada da suite “Burlescas de don Quijote”. E o mellor marco para acoller esta exposición foi a sala de investigación, sala de graos, que alberga o fondo bibliográfico antigo desta biblioteca, que garda a ciencia, a cultura e a historia da educación de case dous séculos, fonte de coñecemento para moitos dos mestres que se formaron neste centro, un espazo con historia, pero tamén onde se poden escoitar os coñecementos das novas xeracións, futuros mestres que expoñen os seus traballos de Fin de Grao e Máster.

Segunda Parte

E a parte viva e humana que envolveu este espazo o longo de dúas horas consistiu na lectura de varios pasaxes de El Quijote coas voces de moitos colectivos: profesorado da Facultade, persoal da biblioteca, alumnas da universidade de León e Coruña, estudantes da nosa facultade. O Decano e a Directora do Centro de Ensino Infantil e de Primaria (nosos veciños) e con especial ledicia os pequenos lectores, seis nenos e nenas desta escola. Non esquezamos que estaqmos nun centro de formación de mestres e tanto os formadores como os formados…o seu fin son os nenos e nenas que construirán o futuro.

Lecturas sucesivas, encadeadas., “todos xuntos ligados pola palabra” foii a nosa pegada coa crenza de que lendo crecemos, vivimos, soñamos, activamos as mentes e aprendemos sempre

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: