Galicia

Unha biblioteca circulante compostelana ….do ano 1924

L.G.

Por azares das doazóns, traemos hoxe unha obriña que cativounos completamente. Primeiro, porque se trata dun regulamento e catálogo dunha biblioteca circulante na Compostela de 1924. E, segundo, e por se isto non fora pouco, ven acompañado dunha ampla e variada mostra de publicidade da época, nunha aproximación moi orixinalao que era o comercio do momento, da pe a que vexades o xeito de entender a relación coa clientela e, por outra banda, aspectos de diseño e tipografía,  por non falar dalgúns oficios que hoxe sorprenden. Imos, polo tanto, a botarlle unha ollada e avisamos de que nos vai quedar unha aproximación algo “vintage” ou “retro” 🙂 Tamén que disculpedes a calidade das imaxes, non moi boa debido as características da obra en si mesma.

O Catálogo de la Biblioteca Circulante de la Juventud Antoniana de Santiago é un libriño de oitenta páxinas, que amosa os títulos dispoñibles para o seu préstamo.  Pero antes de pasar a comentar algunhas das obras que contén, transcribimos o seu regulamento: reglamentoantoniano   En 1924 existían “señoritas encargadas del registro”- que efectuaban o papel de inspectoras- e as sancións que se aplicaban quedaban “a juicio de la bibliotecaria”. O custo do préstamo establecíase en dez céntimos. No limiar que precede ao catálogo en si, ademáis de agradecementos as doazóns tanto en metálico como volumes.  Avisan neste limiar que:

” Las obras de esta Biblioteca están escrupulosamente revisadas y puede leerlas cualquier clase de personas. Como puede verse tenermos para personas piadosas todo lo más notable que se ha escrito sobre la materia. Harán una obra buenísima de apostolado todas las personas que recomienden nuestra biblioteca “

Na listaxe, mais propiamente un recompilatorio que catálogo, ordéanse as obras  por títulos : dúas columnas, na primeira o título do libro (onde se respecta o principio alfabético con respecto a artigos e determinantes) e unha segunda de autores, onde, dado que non alfabetizan, aparece nome e apelido.Vexamos un exemplo : catalogo   Entre as 1592 obras listadas no catálogo, hai obras de Salgari, Conan Doyle, Walter Scott, Chejov, Dickens ou Chateabriend entre os autores extranxeiros. Hai tamén obras de Concha Espina, Fray Luis de Granada, Alarcón, Pereda, Cervantes….na literatura galega, aparecen obras de Rosalía e todas as de Francisca Herrera, entre elas Néveda, da  que xa falamos no noso post Un post de disquecool sobre literatura “descoñecida” e os seus fondos na BUSC.  Guías de confesión e de exercicios espirituais, vidas de santos e santas e algúns títulos algo sorprendentes como Sífilis, Blenorragia y Matrimonio de Sáinz de Aja.  Chama a atención, tamén, as traducións dalgunhas novelas  como, por exemplo La niña Dorrit o  Días penosos ; ou mesmo a ortografía empregada para a transcrición dalgúns nomes de autores, como “Carlos Dikens” o “Luisa Alcot” e, tamén, títulos como Los viajes de Gulliber (sic). Pero coma comentabamos ao principio deste post, este libriño sérvenos tamén como un paseo algo vintage polas rúas de Santiago de Compostela nesa época. A publicidade inserta di moito do deseño, da maneira de dirixirse ao público, das cousas que precisaban anunciarse e que poderían ter éxito….e mesmo atopamos negocios que non nos soarán tan estranos, porque algún deles perdura no tempo.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: