Acceso Aberto, Internet

“¿Tendría que solicitar autorización al propietario de los derechos para hacer mi bizcocho? “

4863087623_41663caede_z

Kids eating cake . Fotografía de Jessie Pearl, compartida en Flickr con licenza Creative Commons CC BY 2.0 (prema na imaxe para o orixinal)

 

 

José Rodríguez Dopazo

Francisco Javier Villar Teijeiro

Fonda viralidade e profundo impacto causou estes últimos días nas redes sociais e na comunidade internacional de expertos en dereitos de autor o debate xurdido no seo do curso “La propiedad intelectual en la era digital” celebrado na Universidade de Santiago de Compostela, acerca dos dereitos de autor antes de facer biscoitos…

Falamos hoxe no BLOJ da BURSC co autor dos comentarios e do biscoito, José Rodríguez Dopazo, Pepe, que mesmo os seus comentarios provocaron unha reunión de urxencia da Comisión de Estudio da Lei Universal de Copyright ante tal baleiro legal na materia.

BLOJ: Ola, Pepe, como xurdiu en ti esa dúbida que causou tamaña controversia?

PEPE: Nunca estivo no meu ánimo delinquir, unicamente facer biscoitos. Coma tanta xente, eu descargaba as receitas;ás veces mesmo as imprimía! A partires do curso e da lectura da lei comecei a sentirme culpable. Estarei usando a propiedade doutros sen a súa autorización? Estarei xogando co pan dos seus fillos? Será o biscoito a proba do delito?

Non durmía de noite. Aí naceu a pregunta.

 

BLOJ: Como cambiou a cousa cando descubriches que a autora da receita era en realidade a avoa da blogueira morta hai 69 anos? Esperarás un ano para facer un biscoito de dominio público?

PEPE: A verdade é que confío en que a propietaria dos dereitos me autorice a usar a receita da súa avoa…aínda que sexa a cambio dun anaco de biscoito!

A outra opción é tramitar a autorización a través dunha Entidade de Xestión…pero non sei se dará o biscoito para todos!!!

Tamén lle vou suxerir que a comparta cunha licencia CC (Compartir Comidas).

 

BLOJ: Recomendarías aos teus compañeiros facer biscoitos con receitas colombianas ou galegas?

PEPE: Mira, eu sonche da terriña; onde estea una larpeira ou unha torta de queixo que se quite a importación. Ademais, paréceme que as leis en Colombia aínda son máis estrictas. A ver se vou rematar no cárcere por facer un biscoito!

 

BLOJ: Que sentiches ao ser o gañador do premio dun lote de 50 libros de obras orfas ao participante do curso que atopara a errata que aparecía na liña 11 da páxina 16 do PDF do módulo 6?

PEPE:Vouche dicir a verdade, e chámame tolo se queres, pero o primeiro que pensei foi: non terei que catalogar os 50 libros? E se están cheos de analíticas?

BLOJ: Se comenta que te chamou o Ministro Wert para interesarse polo problema: é verdade?, que falachedes? Foi cesado despois desa chamada?

PEPE: Mira, eu veño aquí a falar do meu biscoito, coma Umbral. Non me líes!!!

 

BLOJ: É verdade que ti fuches un dos que fixo no curso un cuestionario de avaliación despois de ter lido enteiro todo o PDF do módulo? Que se sinte?

PEPE: jajaja, estou tolo…pero non tanto!

 

Moitas grazas, Pepe. E lémbroche que isto é unha obra colaborativa cun enlace con dereitos de explotación moral orfa; que non pasa a dominio público ata que o máis vello cumpla 70 anos;  e, sobre todo, que  o canon AEDE sen CEDRO coa excepción por copia privada da SGAE, o pagas ti sempre que o biscoito sexa para consumo propio e non teña fins lucrativos.

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

3 thoughts on ““¿Tendría que solicitar autorización al propietario de los derechos para hacer mi bizcocho? “

  1. Grazas pola entrada e polo bo humor! Creo que vou deixar os blogs de cociña e voltar aos clasicos (Simone Ortega, Picadillo…). Supoño que co meu exemplar na man, non terei que pagar canón ningún (mellor non demos ideas).

    Gústame

    Posted by Mabela Casal | 7 Xullo 2015, 20:55
  2. Jajajaja, que bo remate para un curso tan apaixonante. Sodes boísimos!!!

    Gústame

    Posted by Isabel Sempere | 9 Xullo 2015, 19:42
  3. Grazas polas risas e polos bos ratos que nos facedes pasar. Que grandes!

    Gústame

    Posted by María Cana | 13 Xullo 2015, 09:46

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: