YOLANDA DIÉGUEZ
CRISTAL MARTÍNEZ POUSA
No pasado mes de xuño algúns dos membros do persoal da BUSC disfrutamos dun curso titulado “Historia do libro e as bibliotecas a través dos fondos da Biblioteca Xeral”, impartido polo xefe de mantemento de fondos, Xosé Ramón Lema, nun lugar privilexiado como é a Biblioteca América.
Foi un curso interesante e ameno no que tivemos a oportunidade de ver e tocar algunas das xoias bibliográficas coas que conta esta biblioteca ao tempo que obtivemos unha panorámica da evolución do libro dende os manuscritos ata libros impresos no século XVIII, facendo fincapé na súa composición e impresión, nos tipos de letra, nas ilustracións e nos distintos tipos de encadernacións.
Entre todas as obras, destaca a xoia da biblioteca, o Libro de Horas de Fernando I, manuscrito orixinal do século XI. Pero puidemos ver tamén outros manuscritos e incunables que a biblioteca ten en edición facsímile, como por exemplo a Biblia Kennicott.
Agardamos que próximamente sexa posible unha segunda edición deste curso na que se aborde a historia do libro dende o século XIX ata a actualidade.
Amosámovos algunhas fotografías tanto dos fondos que vimos no curso coma do grupo de compañeiros e compañeiras que participaron nel, aos que agradecemos que nos achegasen as súas fotos (premede nas imaxes para ligar co catálogo da BUSC e obter a información completa).

Tassa da “Monarquía mística de la Yglesia”de Juan de Zamora, asinada por Gallo de Andrada (1604) co detalle do prezo do volume. Foto de Javi Villar
Conversa
Aínda non hai comentarios.