Acceso Aberto, Alfabetización e competencias, Ferramentas, Redes sociais

Falando das conclusións das XIII Xornadas CRAI

XIII Jornadas CRAI  Aprendizaje Virtual  MOOCs y CRAIs

Mabela Casal

Os pasados días 11 e 12 de xuño en Murcia 130 representantes de Bibliotecas, Servizos Informáticos e de Areas de innovación educativa de diferentes universidades españolas aproveitaron as XIII Jornadas CRAI para reflexionar, aprofondar e debater sobre a relación entre a Aprendizaxe Virtual e os MOOCs, así como sobre papel que desempeñan os CRAIs nesa relación. As Jornadas CRAI constitúen xa un formato consolidado de debate e análise que, a través de bloques temáticos, vai pulsando a actualidade das bibliotecas e en xeral dos retos estratéxicos da Universidade Española.

Por segundo ano consecutivo as Jornadas CRAI estiveron adicadas aos MOOC, razón pola cal as ponencias versaron sobre a maneira na que o ensino e a aprendizaxe nas universidades, tanto no seu aspecto presencial como en líña, transfórmase e mellora pola incorporación das TICs a este proceso.No enderezo web pódense consultar as presentacións e os vídeos das diferentes intervencións. Realmente os debates foron intensos e ricos en xeración de ideas. E aínda que non recollan a totalidade do alí analizado, déixovos as conclusións das Xornadas.

CONCLUSIÓNS DAS XIII XORNADAS CRAI

  1. O proceso de cambio do modelo educativo é imparable e ineludible e debe abordarse cunha visión global da universidade
  2. A clave da innovación na docencia é a avaliación: so deste xeito conseguiremos unha aprendizaxe adaptativa. Porque nun mundo de intelixencias múltiples hai que acabar coa docencia de talla única.
  3. Neste proceso de aprendizaxe a colaboración e o diálogo entre os diferentes actores é imprescindible. O obxectivo é conseguir algo máis que a participación do alumno. É fundamental xerar un sentimento de comunidade e de pertenza á mesma. Ese é o reto para loitar contra a elevada taxa de abandonos deste tipo de aprendizaxe.
  4. En relación directa co que acabamos de dicir, cómpre conseguir o engagement, o compromiso dos alumnos, porque a aprendizaxe virtual debe entenderse como un proceso de co-creación.
  5. Non hai que perder de vista o utilitarismo da aprendizaxe. Hai que asociar os materiais cos pasos /etapas desa aprendizaxe.
  6. E tampouco debemos perder de vista a audiencia á que nos diriximos: debemos explorar estratexias como a gamificacion como axuda neses procesos de aprendizaxe.
  7. Nos debes, sabemos que existen problemas de financiamento, falta de precisión nos modelos de negocio e nos modelos de certificación así como indefinición dos dos beneficios. Sobre estes últimos hai que poder identificalos e cuantificalos: visibilización, imaxe da universidade, mellora da calidade e relevancia da educación, captación de estudantes, parecen ser algúns dos máis importantes. Consigamos evidencias, midamos os resultados. Traballemos na sostenibilidade do modelo.
  8. Na biblioteca, a participación nos MOOC reforza e asenta a súa posición na universidade. Os CRAI poden e deben asumir un papel de soporte desde diferentes ópticas: apoio ao docente, xestión da información, soporte en temas de copyright e licencias, identificación de recursos educativos en aberto, relacións con editores, apoio virtual a alumnos.
  9. Os MOOC chegan para quedarse aínda que probablemente non o farán da forma na que os coñecemos agora, porque están en constante evolución. Non hai un único ecosistema de aprendizaxe. Tamén neste tema existe biodiversidade.
  10. Pero non nos enganemos, o cambio non é tecnolóxico, é cultural. E se sabemos aproveitalo, será unha oportunidade inmellorable para consolidar a colaboración entre diferentes Servizos da universidade, para tecer redes.

 

Como en calquera novo reto que se aborde sigue sendo necesario un esforzo grande, moito traballo, aprofondar na concienciación a diferentes niveis e sobre todo profundizar na coordinación entre os diversos actores. Nas diferentes experiencias presentadas púidose comprobar cómo se están imbricando nos proxectos MOOC diferentes servizos, unidades, izando a bandeira da transversalidade. Todos somos necesarios e nos necesitamos mutuamente nesta tarefa.

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: