Acceso Aberto, Internet, Recursos electrónicos, Redes sociais, Repositorios, Varios

Open science: Ciencia Aberta na Axenda Dixital Europea

 

 

A pirámide da “Ciencia aberta” Fonte na páxina da CE (prema para achegarse ao orixinal).

A Comisión Europea mantén o programa Digital Agenda for Europe: a Europe 2020 initiative que consta de cinco apartados, entre os cales está Investigación e innovación, no que atopamos os obxectivos europeos para unha Ciencia Aberta. A misión fundamental é a transformación da ciencia a través das ferramentas proporcionadas polas TICS, redes e social media, nun intento de facer a investigación- e polo tanto, as resultas da mesma- mais “abertas, globais, colaborativas, creativas e achegalas á sociedade”. Facemos un resumo e tradución dos aspectos principais deste obxectivo que, pensamos, é moi interesante e vai ser dunha influencia importantísima no desenvolvemento de futuras políticas nacionais no campo do coñecemento aberto.

Neste apartado da devandita Axenda Dixital defínese a  Ciencia Aberta como a que  converte o progreso- e polo tanto, os resultados da investigación científica- en algo moito mais eficiente, eficaz e transparente mediante ferramentas de colaboración, experimentos e análise, facendo o coñecemento moito mais accesible. Tamén pon de manifesto o xurdimento de novas prácticas, paradigmas e disciplinas científicas, preparando respostas e reaccións aos novos retos dun mundo onde a colaboración é global, e a cidadanía e a sociedade participan coma actores e beneficiarios do coñecemento científico.

A Comisión Europea apoia o desenvolvemento da Ciencia Aberta por dúas bandas: a primeira,o establecemento de políticas e regulamentos e, a segunda, a financiación. O resumo das actuacións previstas amósanse nos seguintes puntos:

-Normas e infraestructuras de apoio para o Acceso aberto a información científica 

-Desenvolvemento de TICS e políticas propias que sosteñan o avance e desenvolvemento da ciencia.

-Potenciar e promover proxectos de investigación- baixo o programa Horizon 2020– para aproveitar o coñecemento derivado dun enfoque dixital na investigación científica; contribuíndo no necesario ao desenvolvemento dunha Ciencia Dixital.

-Desenvolver un Sistema Científico Global  (Global System Science o GSS) que proporcione evidencias científicas e asesoramento aos lexisladores no apoio da normativa e políticas a desenvolver, asi coma a busca de compromiso e implicación da cidadanía, impulsando así unha acción social colectiva.

-A ciencia e a tecnoloxía non son os únicos camiños que conducen a innovación. Establécese tamén o programa ICT & arts :the Starts platform, que comprende as artes coma un catalizador da imaxinación e a innovación coma vehículos da conversión do coñecemento emanado da ciencia e a tecnoloxía en novos produtos, servizos e procesos.

Ademais, o programa engade outras iniciativas que teñen que ver coa transformación da sociedade ao abeiro da evolución tecnolóxica. Tales iniciativas abordan aspectos coma os “Digital futures”, a atenciuón a aspectos coma a realidade virtual, as identidades en liña e a “vida dixtial” (moi interesante neste sentido o Onlife manifesto, que incide en aspectos coma a ética da viralidade dixital, por exemplo) ou as plataformas de conciencia colectiva para a sostenibilidade e a innovación social (con aspectos tan relevantes como a Internet das cousas).

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: