Acceso Aberto, BUSC, Comunicación científica, Repositorios

Semana do Acceso Aberto 2015

oalogo

Como cada ano dende 2008, a SPARC (Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition) organiza a Semana Internacional do Acceso Aberto coa  finalidade de promocionar e difundir políticas en favor do movemento coñecido como Open Access ou Acceso Aberto.  A iniciativa do acceso aberto promove o acceso libre e gratuíto á literatura científica e académica en Internet como medio para mellorar o sistema de comunicación científica e o acceso ao coñecemento. A materialización desta proposta realízase a través da publicación en revistas de acceso aberto ou mediante o autoarquivo dos traballos en repositorios institucionais ou temáticos.

A USC ofrece á súa comunidade científica o repositorio institucional Minerva como ferramenta para favorecer a maior difusión, accesibilidade, visibilidade e impacto das publicacións resultantes da actividade investigadora ou docente. Facilita, por outra banda, o cumprimento da lexislación vixente ( Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación; Real Decreto 99/2011 , de 28 de xaneiro, polo que se regulan os estudos oficiais de doutoramento) e os requirimentos de entidades financiadoras de investigación que obrigan ao depósito en aberto dos traballos realizados con cargo a fondos públicos así como das teses doutorais. Na actualidade Minerva conta con máis de 12400 documentos depositados.

Minerva inicio

Páxina de inicio do repositorio Minerva da USC

A oitava edición da Semana do Acceso Aberto do 19 ao 25 de outubro desenvólvese baixo o tema “Aberto para colaboración”. Trata de centrar a atención nas diferentes formas de colaboración entre investigadores e académicos que comparten libremente  recursos e resultados de investigación, colaboración tamén entre os diferentes axentes implicados no proceso da comunicación científica: investigadores, editores, organismos financiadores-  para lograr que o acceso aberto termine por converterse en práctica habitual na difusión do coñecemento. Outro dos obxectivos é a promoción do traballo conxunto con outros movementos como Datos Abertos ou Educación Aberta e lograr o establecemento de obxectivos comúns. Con motivo deste evento institucións como universidades e outros centros de investigación levan a cabo diferentes accións encamiñadas a salientar os beneficios do acceso aberto. Estaremos atentos a todas estas actividades e, coma sempre, desde a nosa conta de Twitter (@BUSCUSC) iremos dando conta das mesmas, atendendo aos diferentes hashtags que se vaian xerando.  #openaccessweek, #OA, #accesoabierto, etc

Cómpre tamén destacar a realización, por parte do Grupo de Traballo da liña 2 de REBIUN coordinado pola BUSC, dunha serie de Infografías relacionadas coa promoción do acceso aberto entre o PDI e co cumprimento dos mandatos. No noso repositorio Minerva, tedes estas infografías en galego e cómpre botarlles unha ollada, descargar e, por suposto, difundir.

 

INFOGRF_GALEGO 1

Unha das infografías realizadas por REBIUN e traducidas polo persoal da BUSC , na que se explican os conceptos das distintas versións dos artigos científicos e a súa relación co OA

Atoparedes, na colección BUSC- Guías titoriais os seguintes materiais:

Versións dos artigos científicos e acceso aberto http://hdl.handle.net/10347/13637

Como cumprir cos mandatos de acceso aberto http://hdl.handle.net/10347/13638

Conserva os teus dereitos de autor fronte ás editoriais http://hdl.handle.net/10347/13639

Beneficios de publicar nos repositorios institucionais http://hdl.handle.net/10347/13640

Tamén son moi interesantes os materiais que aparecen na páxina Openaccessweek, na que podemos descargar distintas guías e tutoriais explicando as ventaxas do depósito en aberto e onde se fai un seguemento das distintas actividades que teñen lugar en todo o mundo nesta semana, pola súa canle de Twitter, polo seu mapa interactivo, etc.

E, xa para rematar, e no caso de que aínda queden algunhas dúbidas, pensamos que este vídeo que xa temos visto en diversas ocasións pode axudar bastante a comprender a importancia de que o #openaccess pase a ser unha práctica habitual e cotián na comunicación científica.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: