Acceso Aberto, Comunicación científica, Redes sociais, Repositorios

O significado do éxito de Academia.edu, as moreas de datos e contexto do OA (a partir dun artigo de Gary Hall)

Lemos en LSE blog un artigo de Gary Hall que nos chamou poderosamente a atención e que, por outra banda, pensamos que ten moito interese para os bibliotecarios académicos. O provocador título do artigo  What does Academia.edu’s success mean for Open Access?– e publicado tamén na Semana Internacional do Acceso Aberto- da unha clara pista de por onde transitaremos na lectura.

3639859944_7927c0d2ec_z

Imaxe de FraserElliot en Flickr CC BY-NC 2.0 (prema na imaxe para orixinal)

 

Academia.edu, certamente, é unha rede social académica de crecemento espectacular en moi pouco tempo.  Cando o profesor Richard Price tivo que agardar mais de tres anos para ver publicado un dos seus traballos nunha revista científica crea unha rede social científica chamada Academia.edu, onde se poden publicar traballos e que estos sexan comentados e revisados por científicos de todo o mundo; algo non moi lonxe do que xa se facía en Arxiv, por exemplo. Gary Hall sinala, a partires dunha anécdota persoal e qeu ten lugar entre científicos nun congreso, a confusión existente e comúnmente extendida de que as redes sociais académicas e o Acceso Abierto son a mesma cousa. E non é así. Engade algo mais e ven a decir que publicar en Academia.edu esta ben lonxe,sobre todo éticamente, de facelo nun repositorio institucional. Xa falamos neste mesmo blog da repercusión que tivo o envío, por parte de Elsevier, de preto de 2800 Digital Millenium Copyright Act instando a retirar artigos “colgados” na rede social pero que tenían dereitos previos comprometidos con Elsevier.  Para Hall, o éxito de Academia.edu reside mais na rapidez con que pode difundir, diseminar a información e os contidos que os investigadores producen. Aínda mais: Hall subliña que estamos ante unha maneira de ver a carreira científica como unha autopromoción, de insistir no marketing e de construccións de “perfís persoais” como unha marca e “gozando” dos privilexios da viralidade.  Non é tanto que o coñecemento científico sexa  libre e esté dispoñible libremente baixo un prisma ético,  senón que sexa  “universal” na medida en que pode diseminar e facer coñecida esa marca. Algo en certo modo lexítimo tendo en conta o contexto de precariedade que rodea a comunidade universitaria en grande medida.

Frente a esta rapidez de difusión e novo concepto de autopromoción e marketing persoal- e recoñecendo, obviamente, as ventaxas que pode ter na carreira dun investigador- Hall analiza o modelo de negocio de Academia.edu que, a o seu xuízo, mantén unha relación parasitaria coa educación superior, baseada desde un principio na ética do uso do público (compara o posteo en redes como Academia.edu  co que sucede con iniciativas noutros eidos coma Uber ou Airbnb.  Hall asume tamén o cambio do modelo da publicación académica no contexto no que se move o Open Access e resume dun xeito moi directo coma o “construído con fondos públicos ten que reverter no público”. Tendo todo isto en conta, hai que reflexionar Pero o argumento no que mais enfatiza e sobre o tema da arquitectura da propia rede social, o control que ten sobre os datos vertidos, o nivel de subxectivización que pode chegar a ser notable nunha plataforma, teóricamente, autorregulada. Quen controla esa información, eses datos,  quen posúe a caixa negra desa información? Que datos de usuarios capturan e para que?  Son manipulables unha vez depositados? Poden venderse a outras compañías e con que fins? Estas, quizais, sexan as preguntas pertinentes nun mundo plagado xa de modos e maneiras do social media, de buscadores  e monitorización.

Hall recolle ao final do seu artigo unha das cuestións que plantexaba ao principio e era se o Open Access corría perigo de ser flanqueado polas redes sociais científicas e, mesmo, ser fagocitado ou minimizado por estas; nun contexto novo no social media, mais orientado aos datos que, como era previamente, aos contidos.  E o novo concepto de relevancia é distinto: cantas amis cantidade de datos  podamos capturar, almacenar, procesar, facer minería con eles e manipular mais precisas serán as nosas análises dos mesmos. Pon o exemplo de Google: non é mellor, simplesmente manexa mais cantidade de datos. E aí sitúa o que ten que ser o novo contexto do OA: a progresiva importancia de crear datasets pasa, na súa opinión e seguindo un artigo de Rachel O’Dwyer una “recentralización da infraestructura”. Remata con esta reflexión que, agardamos, de pie ao debate:

“Grandes cantidades de contidos están accesibles de xeito libre na rede, pero este acceso está mediatizado por entidades centralizadas. O resultado é que estas ricas e poderosas compañías que teñen capacidade material de capturar, analizar e explotar gran cantidade de datos empezan a converterse nas guardianas das nosas redes e medios de comunicación, incluíndo as redes para a comunicación científica, do cal dan fe os 36 millóns de visitantes mensuais de Academia.edu. “

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: