Ferramentas, Patrimonio, Repositorios, Varios

Buscas en diferentes linguas: queres axudar a Europeana ?

 

Multilingual Searches Instructions

 

Europeana, a gran biblioteca dixital europea, pide axuda e todoas podemos contribuír. Ademais dos seus 45 millóns de documentos – procedentes de diversas coleccións de diferentes países- o seu obxectivo mais próximo é que as buscas melloren a súa calidade e que deste xeito, todos podamos atopar o que buscamos cando o buscamos. Neste momento, as coleccións de Europeana teñen metadatos en mais de trinta línguas, e consideran que tódolos usuarios teñen que poder facer as súas buscas nas súas propias.  E aquí é onde podemos intervir : precisan falantes de toda Europa que introduzan termos de busca nas súas línguas nais, e así logo se pode evaluar a pertinencia deses termos. Os galegofalantes temos aquí unha oportunidade de introducir a nosa lingua (Na lapela de buscas xerais de Europeana non aparece o galego).

Captura

Para participar  (resumimos o artigo no seu blog  dun xeito moi básico) :

  • Hai que rexistrarse e facer unha conta en Europeana
  • No seguinte paso, atopamos un formulario no que podemos introducir a nosa busca, e onde especificaremos a lingua na que se fixo e os comentarios que vexamos pertinentes para valorar as resultas de busca obtidas, nunha escala que irá do 1 ao 5.

O equipo de Europeana almacenará as buscas e arredor de febreiro do 2016 contactarán de novo para que os participantes podan avaliar as melloras feitas tendo en conta as súas suxestións.

Animádevos e contribuídes dun xeito cooperativo a mellorar un traballo patrimonial de todos  e para todos. Podedes comezar  premendo na imaxe que poñemos debaixo e crear a vosa conta.

 

User test

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: