Marketing bibliotecario, Varios

Espidos, tatuaxes e reivindicacións: calendarios e marketing en bibliotecas

Hai algúns anos tivo certo éxito unha fermosa e divertida película británica chamada Calendar Girls, baseada en feitos reais.  Nela, un grupo de mulleres de mediana edade, deciden espirse e posar nun calendario co gallo de acadar fondos e adicalos a loita contra a leucemia. O feito de que mulleres fermosas e reais- prescindindo de calquera etiqueta e normativa e “pasando” dos cánones de beleza e idade,habituais neste tipo de publicacións- decidiran plantarse diante dunha cámara con mínima roupa, o feito interesante era o obxectivo: recaudar cartos, dar visibilidade a un problema e dar viralidade a idea. Tanto foi asi que, nuns anos, asistimos a unha auténtica proliferación de calendarios de bombeiros, integrantes de equipos deportivos, colectivos varios e diversos decidían espirse e- seguindo tamén a estela da popular película Full MOnty- amosar as carnes por “exixencias do guión” – dar a coñecer unha situación de precariedade nun servizo, dar a coñecer o servizo en si mesmo- ou por unha boa causa.

O certo é que espirse non so chama atención senón que acada grandes dosis de éxito cando se trata de poñer na mente de todos un estereotipo de bibliotecaria diferente: mais ousada, mais atrevida, e moi baseada na película da que falabamos. No pasado ano 2003, as bibliotecarias de Camden fixeron o mesmo para acadar fondos destinados a caridade e mesmo protagonizaron un pequeno reportaxe no Camdem New Journal, no que se falaba desta iniciativa

 

Hai unhas semanas saltaba a nova duns bibliotecarios brasileiros que, no mais puro estilo das protagonistas da película da que falabamos, decidiron espirse para facer un calendario co que recaudar fondos para construir unha biblioteca LGTB en Brasilia, a Biblioteca da Diversidade. No post de Campus Diverso co que coñecimos esta iniciativa explícase moi ben o obxectivo e recollendo as palabras do promotor do proxecto, Cristian Santos: crear un espazo para cultivar unha diversidade que nos define como seres humanos. O calendario pode pedirse por mail.

Outro exemplo interesante sería o Men in the Stacks, no que se pediu a bibliotecarios que posasen coma pinups e destinar os fondos a It gets better project,  un proxecto que potencia a loita contra a intolerancia e a convivencia na diversidade, facendo estes proxectos en escolas e educación en xeral.  E estes “Homes das estanterías” estiveron alí para apoiar e poñer o seu gran de area:

Pero o calendario-bibliotecario serve tamén como marketing divertido, para desfacer estereotipos de chaqueta de la e moño, de xente aburrida e con pouco mundo mais que o que acadan a carón dos libros. Neste sentido, o sentimento de colectivo freak ven representado polos numerosos colectivos de biblotecarios con tatuaxes dos que destacaremos aos Rhode Island   Tattoed Youth Librarians of Massachusetts, que ademais do calendario teñen estes videos nos que explican cadanseu tatuaxe:

 

 

Se de frikismos falamos temos tamén que citar  o Cosplaying Librarians Calendar, unha impagable mostra da arte cosplay no colectivo biblitoecario. Ademais da páxina en Facebook a que enlazamos, paga a pena botarlle unha ollada a sua páxina CCGC Libraries: comic, cosplay and geek culture in libraries, algo realmente interesante

cal1 (1)

Fonte: CCGC Libraries

E deixamos para o final o grandísimo calendario bibliotecario por excelencia, o mais freak entre os freak, o que ten xa unha ampla traxectoria e é agardado con impaciencia por todo o colectivo ano tras ano. Para o 2016, o calendario de Friki Tecaris celebra. nen mais nen menos que a chegada de Mario Vaquerizo a profesión bibliotecaria. Para iso converten as bibliotecas nas que posan nuns improvisados platós “petardos”, prestándose eles mesmos ao petardeo de sala de lectura.

 

Despois de todo isto, haberá quen aínda pense que o marketing bibliotecario non ten que ver co que fai o persoal das bibliotecas por facelas visibles e por demostrar que o estereotipo de bibliotecario da vella escola está mais que superado? 😉

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: