BUSC, Comunicación científica, Ferramentas, Varios

Guía de ORCID na BUSC

 

banner

Logo de ORCID (prema na imaxe para acceder a infografía orixinal)

 

Recentemente a Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC ditou unha Instrución sobre normalización da afiliación institucional nas publicacións cuxa autoría esté vinculada ao persoal da Universidade de Santiago de Compostela , na que se recomendaba ao PDI o emprego do código de identificación ORCID.  ORCID (Open Researcher and Contributor ID) é unha organización internacional sen ánimo de lucro que ofrece aos autores do ámbito académico e da investigación un código de identificación inequívoca e persistente ademais dun espazo onde rexistrar os seus traballos. O emprego deste identificador composto de 16 díxitos aporta toda unha serie de beneficios para os investigadores:

  • Correcta identificación e desambiguación de nomes
  • Correcta atribución das publicacións
  • Simplificación da busca de publicacións en diferentes bases de datos
  • Mellor identificación da actividade profesional e da afiliación institucional
  • Interacción con outros identificadores xa que permite importar e exportar referencias das publicacións dende outros perfís de investigador (Researcher ID, Scopus, etc.)
  • Posibilidade de firmar co ORCID os envíos de artigos ás revistas
  • Posibilidade de asociar ORCID ás solicitudes de financiación e ao CVN da FECYT.

 

Obter un código ORCID é rápido e sinxelo, pero a BUSC, apoiando a devandita recomendación da Vicerreitoría na procura dunha mellor valoración e avaliación da produción científica da nosa Universidade, elaborou una pequena guía sobre a elaboración de rexistros en ORCID e que podedes atopar no noso repositorio Minerva ou premendo na imaxe de abaixo.

mais orcid

Prema na imaxe para acceder ao contido

 

Incluimos aquí tamén o vídeo da propia organización (con subtítulos en castelán)

 

 

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Acceso á base de datos de Autores Galegos da BUSC dende Dialnet | Fonseca - 1 Xullo 2016

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: