BUSC, De autor, Fondo antigo, Patrimonio

Atopar a diferencia (sobre un Atlas do século XVII na BUSC)

FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO

Tomemos dous exemplares do mesmo libro, ou mellor dito, dúas  portadas dun atlas do século XVII. O que agardamos é que sexan exactamente iguais.  Pero non é así, ímolo ver. Cómpre que viaxemos a 1659 a Amsterdam, data e lugar, respectivamente, da publicación do Nuevo Atlas o Teatro del Mundo de Juan Blaeu

Primeira imaxe: tomada da dixitalización da Biblioteca Digital Hispánica:

 

 

en en qual por ahí

Portada da edición de 1659 do Nuevo Atlas , o Teatro del Mundo, (…) de Juan Blaeu. Prema na imaxe para acceder a obra.

Segunda imaxe: exemplar que temos do mesmo libro na BUSC

en el qual nuestro

Portada do devandito Nuevo Atlas, o Tetro del Mundo (….) de Juan Blaeu, 1659. Prema na imaxe para acceder ao catálogo da BUSC

 

Unha, extraida da dixitalización feita do exemplar da Biblioteca Nacional, contén ao principio do subtítulo “en en qual”.

 

en en

Detalle da portada da edición catalogada na BNE

 

 

A outra fotografiada do exemplar que temos na BUSC, en cambio, atopamos “en el qual”, sen a famosa errata.

en el

Detalle da portada da edición custodiada na BUSC

 

 

Nos cinco ou seis exemplares catalogados polo mundo adiante- véxase tamén o interesante proxecto de dixitalización da obra de Jean Blaeu na UCLA–  reflíctese a errata no subtítulo con “en en [sic] qual”;no noso catálogo Iacobus “en el qual”, porque así é o que temos.  Esto lévanos a imaxinar e plantexar diversas preguntas sobre cómo é esto posible:

  • Algún bibliotecario ou bibliotecaria da BUSC que se decatou deste feito, reclamou un exemplar como ten que ser, rexeitando o que ten errata e reclamando  que llo trouxesen co “debuxiño” ben feito e todas as letriñas ben colocadiñas?
  • Foi a BUSC a única que se atreveu a rascar nesa “n” e substituila, nun claro precedente do tipex, por una “l” e tan panchos?
  • Ou existíu simplesmente un único exemplar con errata (o primeiro) e tódolos seguintes catalogadores fixeron un “copy+paste” da mención da errata, sen existir o devandito erro no exemplar que tiñan entre mans?

Sexa ou que sexa, o impresionante exemplar deste atlas de Joan Bleu de 53 cm x 19 de 1695 e 15 Kg de peso (por qué non consta nas catalogacións o  peso dos libros?) que temos na BUSC, non ten erratas e que ladren… Pero, como non pode ser doutro xeito, unha cousa leva á outra, e, xa postos, engadimos algún dato mais sobre este  Juan Blaeu,  e podedes comprobar no seguinte artigo La familia que se arruinó por cartografiar el mundo.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Atopar a diferencia (sobre un Atlas do século XVII na BUSC)

  1. E a diferenza entre cuydada (BNE) e cuydado (BUSC)?

    Gústame

    Posted by Marie-Pierre | 12 Febreiro 2016, 14:17
  2. Está claro Javier, houbo unha captura masiva co protocolo z39.50, que esto sempre se fixo… jajaja, antes que manexar un señor atlas de 15 kg…. Parabéns polo artigo!

    Gústame

    Posted by Isabel | 15 Febreiro 2016, 08:55

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: