Alfabetización e competencias, ALFIN, Comunicación científica, Formación

Sobre novos roles do persoal da biblioteca universitaria

Manuscripts and Archives Division, The New York Public Library. "Librarian at desk with patron" The New York Public Library Digital Collections. http://digitalcollections.nypl.org/items/510d47dd-e4fc-a3d9-e040-e00a18064a99

Manuscripts and Archives Division, The New York Public Library. “Librarian at desk with patron” The New York Public Library Digital Collections. http://digitalcollections.nypl.org/items/510d47dd-e4fc-a3d9-e040-e00a18064a99

 

Asistimos no pasado mes de Nadal a un debate na lista de distribución Iwetel sobre os novos roles a desenvolver polo persoal da biblioteca universitaria.  O punto de partida foi un moi interesante Thinkepi de Nieves González que, baixo o título Bibliotecario-docente-universitario “sin papeles” abordaba a posibilidade dunha extensión ou ampliación das funcións do bibliotecario- na liña da xa existente no mundo anglosaxón e coñecido como “teacher-librarian”- que se trataría, nas propias palabras da autora

dun profesional que planifica, diseña, imparte, avalía e promociona as competencias de xestión da información na súa comunidade universitaria. A docencia forma parte das súas tarefas habituais como bibliotecario.

Certamente, o papel do bibliotecario como docente evoluciona ao longo do tempo: hai que ter en conta o cambio de paradigma do ensino universitario e o xurdimento de novas necesidades formativas no eido das TICS que deriva na ALFIN:  a biblioteca deixa soamente de proveer contidos para producilos. González cita módulos titoriais completos realizados por bibliotecarios na University of Manchester, asi como os programas desenvolvidos en Alemania,nos que os cursos de competencias intégranse no currículo universitario.  Pero onde situamos esta formación dentro dun marco curricular na Universidade española de hoxe?

  • Por unha banda, a comunicación entre bibliotecarios e docentes non é aínda todo o fluida que debería:  o profesorado universitario ve a necesidade da formación que desenvolven os bibliotecarios, a colaboración entre ambos colectivos dista moito de ser estreita.
  • A percepción dos alumnos da formación impartida pola biblioteca non é positiva: os bibliotecarios, para a maioría do alumnado, son “os que axudan a atopar información, pero non un profesor”. Se, ademais, os docentes non están presentes nesta formación impartida polos bibliotecarios, a resposta do alumnado é a mesma: non van porque non lle ven “a necesidade”.
  • Dentro do propio colectivo bibliotecario, non existe unha visión uniforme tampouco.

Para Nieves González, a necesidade actual de un estatus para o bibliotecario docente pasa polas necesidades formativas dos alumnos coa implantación dos TFG e TFM; pero tamén é necesario que o persoal da biblioteca plantexe o xeito da súa propia docencia, a capacidade da mesma e a si mesmo como docente.  González incorpora no seu traballo a referencia a un artigo de McKinney y Wheeler sobre a percepción que os propios bibliotecarios teñen de si , se “ensinan” ou “forman”. O desenvolvemento da identidade de “docente” – e tamén a inexistencia dunha cobertura administrativa desta categoría-ten que ser, para a autora, unha crenza firme dos bibliotecarios, dado que nela se asentan valores tan importantes como a reputación da biblioteca, a sua visibilidade.  Incorporar, dun xeito autocrítico, habilidades de xestión e información pedagóxica. Pero, sobre todo, traballar a transversalidade con outros servizos universitarios.  E promocionar os servizos! Os POATs (Planes de Orientación y Acción Tutorial) estánse implantando en universidades españolas, polo que o traballo en prol desta transversalidade mencionada, a colaboración cos profesores, é un novo reto e unha gran oportunidade.

No párrafo final do artigo pensamos que se plantexa o que podería dar inicio a un debate. Os bibliotecarios queren ser docentes, queren ir alén das tarefas asignadas dun xeito claro a profesión? Recolle a autora algún testimonio de profesionais que rexeitan este perfil concluíndo que “de querer ser profesor, sería profesor, fíxenme bibliotecario para ser outra cousa”. Os bibliotecarios-docentes (e por iso os chama “sen papeis”:-) non teñen posibilidade de promoción profesional no eido da docencia, tampouco os mesmos beneficios formativos e de mobilidade que si teñen os profesores de universidade,cousa si recoñecida noutros países. O artigo remata propoñendo unha figura similar ao “faculty librarian” do mundo anglosaxón.

E aqui abriuse o debate en Iwetel e, tamén, entre compañeiros de profesión: ata onde chega o papel do bibliotecario en cuestións como apoio a investigación? Modifica e mellora a imaxe dos bibliotecarios ante o profesorado. Pero ata onde? Algún dos participantes no debate insiste en que o apoio aos docentes non ten que convertir ao bibliotecario en “contador de palotes” (fala concretamente aquí dos sexenios), tamén é relativo o interese que pode ter parte do profesorado nalgunhas seleccións que poden ofertarse da biblioteca en canto a revistas onde publicar, por exemplo- primeiro cuartil, que non ten por que coincidir cos intereses do profesor en cuestión. A resposta a estas réplicas ven da propia realidade: o obvio para nós non o é para todo o mundo e a información proporcionada pola biblioteca, ou a creada a partir de productos que ela mesma xestiona, pode ser valiosa en tanto en canto é a única que reciben moitos membros da comunidade universitaria (véxanse sen ir mais lonxe o éxito dos cursiños sobre TFG, por exemplo).

Que pensa o persoal das bibliotecas desto? Como diría alguén, agora é o voso turno. 🙂

Algunhas ligazóns, ademáis das proporcionadas polo propio artigo de Nieves González:

Briges, Barbara and Clarke, Kim It is time to re-envision the role of academic librarians in faculty research  Library Connect [en liña] July, 15, 2015

Magro Mazo, Carlos ; Alonso-Arévalo, Julio Las bibliotecas, los bibliotecarios: nuevas competencias, nuevas habilidades  Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios. 2015, 30(108): 187-193

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: