
Materies grammaticae de Ferdinandus Nepus, impreso en Salamanca no 1485 e custodiado na BUSC . Pode accederse a dixitalización premendo na imaxe
De hito na historia incunabulística española pode considerarse a publicación por parte do Grupo de Patrimonio Bibliográfico da Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) da obra Incunabula universitatis: los incunables de las bibliotecas universitarias españolas.
Despois da publicación polo mesmo Grupo de traballo de REBIUN en 2008 da tamén imprescindible no seu ámbito Guía de manuscritos en las bibliotecas universitarias españolas, nesta ocasión preséntase unha nova obra editada pola Universidade de Oviedo e coordinada por Ramón Rodríguez Álvarez que analiza e estuda os máis de 4000 exemplares de incunables conservados nas bibliotecas universitarias pertencentes a devandita rede.
Con gran abundancia de ilustracións, bibliografía, notas, anexos, cadros estatísticos, relacións de obras, etc; a obra, presentada nunha cuidadísima e orixinal edición, estrutúrase nos seguintes apartados:
- Introducción: os incunables nas bibliotecas universitarias españolas
- O control bibliográfico dos incunables
- Os incunables ilustrados
- As encuadernacións dos nosos incunables
- Exemplares únicos, raros e destacados nas coleccións universitarias de incunables
- Antigos poseedores dos incunables
A Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela ocupa, pola riqueza dos seus fondos antigos, un lugar destacado nesta obra, por ser a oitava universidade con máis incunables conservados (143), todos eles dixitalizados e accesibles e presentes nos máis importantes repertorios e catálogos de incunables nacionales e internacionales (IBE, CCPB, ISTC, GW, Haebler, Vindel, etc)
Dúas mencións da BUSC merecen destacarse contidas nesta obra:
A primeira, a Grammatica latina de Juan de Pastrana, dentro do capítulo de “Ejemplares únicos” (p. 218):
A segunda , o roubo dun incunable da nosa biblioteca en data indeterminada (p. 68)
En definitiva, unha obra que pode resultar de interese e que xa está presente nos nosos fondos e no noso catálogo.
Conversa
Aínda non hai comentarios.