BUSC, De autor, Efemérides, Fondo antigo, Pasaron por aquí...

Luisa Cuesta e as primeiras adquisicións da Biblioteca Universitaria

retrato_luisa_cuesta_2

Luisa Cuesta, bibliotecaria e investigadora. (Tomamos a imaxe do “Album de mulleres” do Consello da Cultura Galega) >Prema na imaxe para obter a ligazón.

A figura de Luisa Cuesta está, dun tempo a esta parte, acadando o lugar de recoñecemento que merece. Tanto no libro do noso compañeiro Fran Redondo Bibliotecarias e bibliotecarios infames- do que falamos co autor largo e tendido nesta entrevista– e na documentada semblanza do Álbum de Mulleres realizada pola tamén compañeira da BUSC  Lourdes Pérez González. Ademais de ser a última directora republicana da Biblioteca Nacional de España e vítima despois dunha dura represalia,  realizou unha gran cantidade de  traballos bibliográficos e de investigación – un deles, por certo, titulado El feminismo y sus orientaciones actuales (1929) e inédito- estadías no extranxeiro, e, tamén, traballou na Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela – podedes consultar aquí as súas obras no noso catálogo- facendo unha importante tarefa de catalogación e investigación, sendo unha gran estudiosa de temas americanistas.

Buscando nalgúns deses artigos, atopamos un que nos chamou poderosamente a atención, aínda que recoñecemos que podería ser calquera, dada a, como dixemos, cantidade de traballos publicados pola nosa bibliotecaria, pola súa calidade e interese.  O que queremos comentar hoxe titúlase  “Las primeras compras de libros para la Biblioteca Universitaria de Santiago”  e publicado no número 11 do Boletín da Biblioteca América (1929). Coñecemos así a curiosa historia dos primeiros libros que chegan a Universidade : a adquisición dos libros que trala morte do Obispo Carmona pasaran a Catedral e a taxación que se fixo dos mesmos- “en cuatrocientos y tantos mil maravedises por el librero Enrique Toti y que se debieron incluir en esta venta algunos libros más que la Catedral tenía donados por el Cardenal Salazar y otros”.  Recolle tamén como no Claustro do 5 de marzo de 1572 a Universidade comprométese ao pagamento en tres anos,  encargando aos Catedráticos “que guarden y cumplan las Constituciones” e “de esa misma quenta tenga el bedel”, estipulando un salario para o “coidador” ou vixiante destes libros. Esto supón todo un avance no recoñecemento tanto da Biblioteca  da Universidade- entón chamada “Librería”-  como do persoal que a mantén.  A autora sinala, noutro párrafo deste artigo, que nos tempos da librería – recluída nun rincón do Claustro- o bedel tiña que ameazar con pleitos para cobrar o seu salario, na “época famosa en que era preciso atar con cadenas y guardar con candados los libros”.

Valga a publicación deste post e do artigo como homenaxe de 8 de marzo, e de sempre, a unha bibliotecaria e investigadora que foi tamén profesora nesta universidade, algo tamén digno de mención na época na que lle tocou vivir.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: