BUSC, Catálogo, De autor, Efemérides, Galicia, Pasaron por aquí...

Mulleres na química…e na USC (exposición na Biblioteca de Químicas)

biblio química

Cartel da exposición que, co gallo do 8 de marzo, de ven desenvolvendo na Biblioteca da Facultade de Química. A exposición ven de ser prorrogada ata o vindeiro 29 de abril.

GRACIA FRUTOS MARTÍNEZ

Na planta baixa da Facultade de Química, dende o 8 de marzo, pódese visitar a mostra bibliográfica “Mulleres na Química” organizada conxuntamente polo Decanato e a Biblioteca da Facultade de Química e comisariada por Gracia M. Frutos Martínez, e Xoan Guitián Rivera. De entrada libre e gratuita se poderá visitar áté  o 29 de abril de luns a venres en horario de apertura da Facultade (de 8:00 h á 22:00 h) . Nela están expostos unha escolma de libros presentes nos fondos da Biblioteca en formatos  distintos e de tipoloxía diferente. Libros escritos sobre mulleres e por mulleres  na ciencia e na Química, en Galicia , en España e no mundo.

Está organizada en tres seccións ou apartados:

MULLERES NA CIENCIA : preséntase libros sobre o papel da muller na ciencia e na química, desde traballos de carácter histórico ata estudos referidos á situación actual.

-MULLERES NA QUIMICA : reúne manuais e monografías escritas por mulleres químicas sobre Química.

MULLERES QUIMICA DA FACULTADE : expónse traballos escritos por profesoras e investigadoras da Facultade de Química, desde monografías ata teses de doutoramento pasando por memorias de licenciatura e traballos fin de Grao e de máster, tanto impresos como editados en formato DVD ou en microfichas.
Pódese ver as portadas de todos estes libros no noso taboleiro de pinterest Mulleres na Química 

As mulleres contribuíron a Ciencia e a Química dende os seus inicios, ainda que non foran recoñecidas por elo. Mulleres que se esforzaron, mulleres valentes, intelixentes pero invisibles, silenciadas. Grazas ao seu tesón e a súa paixón superaron  dificultades e desenvolveron   estratexias para que o  seu traballo fose aceptado. A pesar de todo segue existindo o chamado “teito de cristal”, e  dicir, unha limitación velada que couta as oportunidades de promoción das mulleres. Un teito invisible pero que existe na realidade e precisamente polo seu carácter invisible, é máis difícil de rachar.

Dende a Biblioteca e o Decanato da Facultade de Química  queremos axudar a derrubar ese teito e contribuir a esa visibilización con está exposición que esperamos que vos guste.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: