Acceso Aberto, Comunicación científica, propiedade intelectual

Sci-Hub, Open Access e o sistema de comunicación científica (a partir de dous artigos e un tuit)

L.G.

A idea para esta reflexión parte dunha interacción en redes sociais. Compartimos desde a nosa conta de Twitter un artigo de Ryan Merkley, CEO de Creative Commons, publicado na revista Wired e titulado You paid to read research you fund. That’s ludicrous (o que ven sendo, mais ou menos, “pagas por ler resultados de literatura científica que axudaches a financiar. Iso é ridículo”) Ao poco tempo, enviáronnos un tuit co seguinte texto:

student

E limos o artigo de Zwakehyd, estudante do Master of Publishing da Simon Fraser University de Canadá,  e pareceunos un punto de vista interesante sobre o que está a suceder con Sci-Hub, o repositorio colaborativo de artigos de pago que ven de ser demandado por Elsevier.  Vexamos, pois, que sucede:

No ano 2011, unha estudante de Kazahistán, Alexandra Elbakyan, comezou un proxecto chamado Sci-Hub. Nese momento andaba a rematar os seus estudos de doutoramento en Rusia, e non dispoñía de acceso a moita da literatura científica que precisaba para a súa investigación. Ocurriúselle, polo tanto, facer dun xeito formal o que era unha práctica habitual entre estudantes e investigadores de distintos países: enviar pdfs dos artigos aos que se ten acceso para favorecer aos solicitantes que non o teñen. Ata ese momento, o hashtag empregado en Twitter pola comunidade  #icanhazPDF tiña un promedio, no 2014,  duns 3.6 tuits  ao día, segundo o estudo de Gardner and Gardner.  Digamos que ata o momento no que Elbakyan “mellora” o proceso de busca dos pdfs, as editoras de revistas tiñan unha tolerancia relativa cara esta práctica. Pero que foi o que fixo esta estudante para que despertase, ao mesmo tempo,as iras e as alarmas desta poderosa industria?

En primeiro lugar, Sci-Hub permete a busca por DOI, URL do artigo ou mesmo texto libre, dado que chega a empregar credenciais lexítimas de usuarios lexítimos de revistas de pago, as que teñen acceso porque as institucións as que pertencen pagan a correspondente suscrición. Previamente, a busca faise nun repositorio chamado “LibGen,  construído a partires de artigos xa  requeridos No caso de que non se atope, é cando o sistema deseñado pola estudante se pon en marcha. Dúas cuestións asoman aquí segundo  o autor do artigo: En primeiro lugar, Sci-Hub non ten dereitos de copyright sobre os materiais que distribúe e, por outra,  non está claro como se obteñen as credenciais para o acceso, o que pon sobre a mesa outro tipo de cuestións de base ética. Mentres que os voceiros de Sci-Hub din que as obteñen de xeito lexítimo, mediante a “doazón” das chaves por parte dalgúns membros, hai quen insiste en que a obtención é mediante “phising”, o cal é, de tódolos xeitos, algo fraudulento.

 

Sci Hub removing barriers in the way of science

Logotipo de Sci-Hub. tomado da súa páxina de inicio cando o servidor estaba aloxado nun dominio .io

A guinda chegou no mes de novembro de 2105, cando Elsevier interpón accións legais contra Sci-Hub, LibGen e outros sites adicados a mesma práctica, converténdose nun novo capítulo de #copyrightfacts. Na súa defensa, Alexandra Elbakyan- considerada por moitos como a “Robin Hood” da Ciencia– apela ao artigo 27 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, alegando que o que fai é poñer a dispór de tódala comunidade recursos para o avance do coñecemento, incidindo na “democratización” das resultas da investigación e o imposible acceso a gran parte da literatura científica en países en desenvolvemento  ou nos que non é posible acadar información por diversos motivos,entre eles a censura.  Pero hai algo mais e que ten moito que ver con nós: Sci-Hub sería unha resposta moi rápida ao acceso, pero que afectaría tamén ao Open Access, que si respecta totalmente o sistema de copyright e a legalidade. Un dos principais representantes do movemento OA, Ernesto Priego, sinala que Sci-Hub non cambia o sistema de comunicación científica ou o poder das editorais e diminúe o longo traballo que moitos dos representantes do OA levan facendo moito tempo a favor dun sistema estable e aberto, baseado na legalidade e nunha democratización real do acceso ao coñecemento. É certo que países coma China, Iran ou Rusia son dos principais usuarios de Sci-Hub, cumplindo así o obxectivo de “democratización” do acceso. Pero é sorprendente o altísimo acceso a plataforma desde os Estados Unidos. É sostible o argumento de Robin Hood se comparamos Irán  cos presupostos de acceso a literatura científica dalgunhas institucións universitarias norteamericanas? Entón é que a súa inmediatez e deseño amigable convérteno nun recurso atractivo a priori e que pon en segundo lugar a ética do asunto?  Quizais esta sexa a cuestión. Para o autor do artigo, polo tanto, Sci-Hub non é nin o heroe que a industria precisa nin tampouco o villano.

Por outra banda, temos o xa mencionado argumento de Ryan Merkley: é certo que as bibliotecas, as universidades, os usuarios levan pagando moitos anos doblemente. Primeiro, para financiar as investigacións e, segundo, para poder ter acceso a literatura científica xestada a partires desas investigacións. Para o voceiro de Creative Commons, o caso Sci-Hub non pode reducirse a “un asunto de copyright” e ten que servir para ir mais alá. Ten que ver cos muros interpostos non soamente polas elites para o que o mais valioso producto da nosa sociedade, o coñecemento, quede aillado e non esté dispoñible libremente. Chama “escandaloso” ao modelo de comunicación científica no que se apoia o sistema das grandes editoriais e que, nunha crise coma actual, a nosa natureza actúa por impulsos. E a natureza humana, segundo él, chama a compartir. Alude a que cando xurdiu o virus Zika as revistas académicas líderes fixeron unha apertura dos novos achados de xeito libre e gratuíto, pero que son contadas e raras excepcións. Admite que os editores poden aportar valor, pero que ese valor engadido das revistas académicas non xustifica a perda de oportunidades para os que non poden pagar o acceso ao coñecemento. Pronostica o fin do modelo de publicación contemporáneo e engade que é unha cuestión de tempo achegarse mais a unha “apertura” total do sistema, poñendo como exemplo- chamándoo”incrible acto de liderazgo”- a Fundación Bill and Melinda Gates, esixindo que todas as resultas das investigacións financiadas pola súa Fundación teñen que ser publicadas en Acceso Aberto. E sobre a doazón de 250 millóns de dólares que ven de facer o fundador de Napster, Sean Parker para investigar o cancro, puntualiza que non podemos perder de vista que os Estados Unidos invisten cada ano dez veces mais en investigación pública sobre  esta enfermidade, moitos de cuxos resultados se publican en revistas de pago, con longos períodos de embargo. Conclúe que abrir os datos de investigación a todos é un acto de humanidade que redundaría no ben común.

O tema, pensamos, aínda dará moito que falar e cuestións como o impulso do acceso aberto, o coñecemento común e os datos en aberto ou o mantemento do sistema actual de comunicación científica- sen perder de vista a avaliación da actividade investigadora- aínda terán, como decimos, moito percorrido. Invitamos desde este resumo dos dous artigos, a reflexión.

Outras ligazóns de interese:

 

Site de Elsevier en acceso aberto sobre o virus Zika

Política de Open Access da Fundación Bill & Melinda Gates

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: