Acceso Aberto, Comunicación científica, Ferramentas, Repositorios

Elsevier, SSRN, os monopolios e o papel da independencia

 

L.G.

Hai uns poucos días coñecíamos a nova da compra de SSRN por parte de Elsevier,   As reaccións por parte da comunidade investigadora non se fixeron agardar. Por unha banda, había os que consideraban un “desastre”: cueva tuit e un novo paso por parte da editorial de irse facendo pouco a pouco co control de empresas que naceron ao abeiro do open source e integralas, como servizos, na súa plataforma de pago. Nesta liña expresáronse, por exemplo, Paul Gowder na súa columna de Medium.com  SSRN has been captured by enemies of open knowledge ou o artigo publicado en Techdirt Dissapointing: Elsevier buys Open Access Academic Pre-Publisher SSRN (e  engaden: from “our bad news department”). A identificación de SSRN como comunidade libre e independente- identificada como acceso libre ao coñecemento   fai que esa condición de cataclismo apareza acentuada:

monsanto

Hai tamén quen sinala a posibilidade de que esta compra favoreza a visibilidade dos investigadores que xa tiñan depositados alí os seus artigos, e nese sentido temos visto varias opinións en Facebook, concretamente no grupo Acceso abierto (Open Access) y Métricas alternativas (Altmetrics), aínda que subliñando sempre o carácter ambivalente da nova.

Pero qué é SSRN e por qué era tan interesante mercalo e, sobre todo, por que é entendido coma perda irreparable por certos sectores da comunidade académica? Xorde coma un depósito colaborativo de preprints no eido das ciencias sociais, no que os autores depositan e espallan os seus traballos antes de ser publicados “long before their papers work their way through the multi-year journal refereeing and publication process. We vowed to do so at the lowest cost possible for authors and readers”. Ata aquí non hai sorpresa. A idea de sostenibilidade fai que os autores adopten o papel de editores e xestores da propia rede, subliñando o seu papel independente da financiación gubernamental ou privada. Con mais de 8.5 millóns de descargas no pasado ano e na procura de saber mais sobre eles, mergullando na súa páxina  hai dúas  cuestións a destacar:

  • O seu compromiso de poñer a dispor da comunidade investigadora internacional artigos previos ao peer review co menor custo posible, subidos sen cargo ao autor, pero permiten o cobro desa descarga por parte dalgunhas institucións, insistindo no baixo custo: o prezo ten que ser igual ou menor que o que se lle cobra aos non suscriptores, aínda que a maioría dos artigos estan dispoñibles de xeito gratuíto.
  • O sosteñemento da compañía ven de ingresos coma suscricións a determinadas series, anuncios e taxas dalgunhas conferencias; pero tamén da externalización de servizos. Actuaría, polo tanto, coma un distribuidor de contidos (véxase o terceiro párrafo). E decimos ben, “compañía” porque eles mesmos o explican asi

Interesa moito destacar que algo similar sucedeu con Mendeley no ano 2013: Confirmed: Elsevier has bought Mendeley to expand its  open, social education data efforts).  A pesares da existencia de ferramentas open source como Zotero, Mendeley – xa parte de Elsevier- segue a ser un recurso altamente recomendable e moi recomendado por bibliotecarios.

Entón por qué tanta controversia desta vez? No blog da London School of Economics, atopamos o artigo de Thomas Leeper Elsevier purchase SSRN: social scientists face questions over whether centralised repository is in their interests Comeza facendo unha aproximación ao papel de Elsevier como un xigante da edición, con altísimos custes de suscrición, vítima dalgúns boicots por parte da comunidade científica que avoga por un coñecemento aberto e, indirectamente, unha das causas da unidade dos científicos en varias ocasións. Tamén unha das razóns para o nacemento de proxectos altamente cuestionados como Sci-Hub, pero tamén o pulo doutros que xa existían de antes pero que se viron reforzados e visibilizados a partires do incremento dos prezos das revistas e tamén dos APC’s. Falamos, lóxicamente, de Arxiv.org, Biorxiv, REPEC). Agora ben, no artigo de Leeper fálase dalgo moi importante de cara ao futuro: a actitude de Elsevier con respecto a algúns repositorios temáticos. Hai que lembrar o recente caso que confrontou Elsevier e Academia.edu, cando a editorial esixiu a retirada de milleiros de “papers” da devandita rede ( e subliñamos a palabra “rede”) por incumplir cuestións de propiedade intelectual, e diso dimos boa conta no noso blog Fonseca no post Academia.edu. Elsevier e a fase Napster das redes sociais científicas.  O tema, cremos, é que vai pasar no futuro: mentras SSRN tiña unha política moi flexible en canto a depósito, modificación e mesmo retirada de preprints, haberá que ver o que fai Elsevier a partires de agora O compromiso que o repositorio mantiña cos seus autores en termos de non reter o copyright é outra das cuestións a ter en conta. E, especialmente, o que aparece na pestana adicada ao 20 aniversario de SSRN titulada 20th Anniversary Message from: Michael C. Jensen, SSRN Chairman do que extraemos o seguinte párrafo:

We are committed to doing our best to ensure SSRN never abandons its commitment to scholars and their readers, including ensuring that SSRN is not sold to a party that would abandon this commitment 

(consultado o 19/05/2016)

 

 

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Elsevier, SSRN, os monopolios e o papel da independencia

  1. Descrición e reflexión moi interesante

    Gústame

    Posted by Xose A. Regos (@xosearegos) | 19 Maio 2016, 14:05
    • Grazas por intervir, Regos. A verdade é que cómpre reflexionar un pouquiño sobre estes asuntos, porque a fin de contas forman parte do traballo cotiá de todos nós.

      Gústame

      Posted by Fonseca | 20 Maio 2016, 10:36

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: