Acceso Aberto, Comunicación científica, propiedade intelectual, Recursos electrónicos, Repositorios

Novo paso na UE para o Acceso Aberto

 

Neon_Open_green

Imaxe de JustinC baixo a licenza CC-BY-SA-2.0

 

Grazas as compañeiras da Biblioteca de la Universidad de Navarra e ao seu blog DADUN, chegamos a esta nova a principios do mes de xuño. No seu post, daban conta da reunión que o Competitiveness Council UE celebrara o pasado día 27 de maio e na que se estableceron algunhas cuestións moi importantes no desenvolvemento do Acceso Aberto.

Na devandita reunión establecéronse diversos puntos dos que falamos  a continuación, sendo o que consideraríamos “o titular” o feito de que, ao abeiro do programa Horizon 2020, tódolos artigos científicos produto dunha investigación financiada con fondos públicos, estarán en aberto. Nas palabras do presidente da Comisión, Sander Dekker- secretario de Educación, Ciencia e Cultura do goberno holandés- ” o tempo de falar de acceso aberto é xa o pasado. Agora, hai que pasar a acción”. Esta “acción” a que se refire Dekker ten moito que ver co interés que a Comisión Europea ten en estratexias de innovación e, por suposto da reutilización de datos e o coñecemento libre. A aposta definitiva é establecer un “Principio de Innovación” a nova lexislación europea deberá dar conta destes aspectos relacionados coa reutilización de datos.  Un dos apartados do documento publicado a partires desta reunión leva por título Sharing Knowledge freely. Fálase aquí do impulso necesario para que Europa poda convertirse nun foco atractivo para as start-ups e ao investimento de compañías, inténtandose traballar no diseño dun visado especial para empresas alleas que queran establecerse nos países membros da Unión.

O segundo punto, titulado Open access insiste na idea da necesidade de que os datos científicos, as resultas da investigación, non queden pechadas nos muros das institucións académicas. Poden reverter, e deben facelo, no conxunto da sociedade. Deste xeito, o seguinte aspecto baixo o epígrafe Reusing research data : co ollar posto nese 2020 do que falabamos, os datos deben ser accesibles, dispoñibles e abertos, respectando, como é lóxico, as cuestións derivadas da lexislación sobre propiedade intelectual. Falando sobre o impacto social da investigación, o epígrafe Greater social impact  subliña un aspecto moi importante para os investigadores, e ten que ver coa medida da produción científica, a avaliación da actividade investigadora e a financiación de proxectos.  Citamos (falando dos científicos e o impacto do seu traballo na sociedade):

They should be no longer be judged on the number of publications or citations they produce, but more attention should be paid to the social impact of their work

Os restantes epígrafes, A better climate in which to locate and invest“, Start-up visas e Horizon 2020 research programme inciden nesas infraestructuras necesarias que propicien ese clima axeitado tanto para o investimento económico e a investigación, o esquelete do desenvolvemento dunha visa para emprendemento e, por último, subliñar a aposta da UE polo investimento en coñecemento e innovación. Interesante o resumo do modelo de retorno: por cada euro investido en innvestigación e innovación a xeración amosa a non desestimable cifra de once euros, incluíndo novos produtos e e novas tecnoloxías.

Un bo momento, polo tanto, para que as bibliotecas académicas, nese tan falado momento de cambio, estén tamén á espreita impulsando mais o coñecemento e a práctica do acceso aberto.

Publicacións como a revista Science faise eco desta nova. O texto completo da Comisión, podédelo ler aquí. Tampouco está de mais botar unha ollada ao epígrafe sobre Research and innovation da UE  ou o apartado Why OA? de OpenAIRE.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: