Acceso Aberto, Comunicación científica, Recursos propios, Redes sociais, Repositorios

O posible impacto do Brexit na ciencia : algúns apuntamentos

 

brexit

Imaxe de Jeff Djevdet baixo licenza CC -BY 2.0 en Flickr. Prema na imaxe para ver orixinal.

 

 

Pensabamos facer un post recompilatorio sobre as consecuencias do Brexit non soamente para a ciencia no Reino Unido, senón tamén para o contexto de colaboración europea. Pensábamos, decimos, recoller aquí algo de bibliografía sobre o tema porque consideramos que si vai afectar dun xeito moi importante a diferentes proxectos de investigación que se están levando a cabo na UE en I+D+I. E decimos “pensabamos” porque unha vez comezada a escrita deste tema- imos prescindir, obviamente, das motivacións políticas e de cuestións totalmente alleas ao que é a ciencia, e asi queremos enfocalo- atopamos algúns moi bo resumos feitos, polo que intentaremos, simplemente, establecer as cuestións principais coma titulares que conviden a reflexión. Si previamente era medo da comunidade científica Why Brexit freaks out so many scientists? ata a demoledora carta asinada por tódolos científicos participantes en EuroScience Deploring UK decision to leave, EuroScience will work in good conditions for cooperation. Vaia por diante, tamén, que non é unha toma de postura a favor ou en contra

En primeiro lugar, habería que ver, e non é un aspecto menor, o impacto que na participación das Universidades do Reino Unido no EEES e, tamén, na súa capacidade para configurarse como alternativas educativas no campo dunha educación europeísta.  Neste sentido pareceunos moi interesante o artigo publicado no Times of Higher Education Life after Brexit: what’s next for British Universities?  e, tamén, UK fears “significant drop in UE student recruitment Hai que ter en conta que a saída da UE pode levar a incrementar de xeito notable as taxas universitarias o que faría as Universidades británicas menos competitivas a hora de captar estudantes extranxeiros, facendo, como din nos artigos, menos atractiva a súa escolla.. Por outra banda, habería que pensar tamén nos programas Erasmus, por exemplo, e no intercambio coas universidades europeas. Todos estes aspectos aparecen abordados nos artigos sinalados, con opinións de expertos directamente implicados no tema, como o chancellor da Sheffield University , Keith Burnett ou Nick Hillman, director de Higher Education Policy Institute.  Moi bo tamén é o resumo publicado por Daniel Cresey e Alison Abbot en Nature News: Research reeling as UK votes to leave EU

Un segundo aspecto, o que nos levou a facer este resumo, é as consecuencias en termos de cooperación científica:  proxectos que ten a UE e nos que participan universidades británicas e científicos británicos, en cooperación con outros investigadores de diferentes lugares de Europa. Vexamos o que din en El Brexit hace temblar Europa ….y la investigación  en Hipertextual, un moi axeitado resumo dos principais aspectos que, para a ciencia e a súa financiación, ten a saída da Unión Europea. Neste sentido, os científicos solicitan que se manteñan os presupostos de I-D, tanto na investigación básica coma nas iniciativas de emprendemento. E, da man desto, no artigo lembrannos que a preocupación tamén ten que ver coa cooperación :  o Reino Unido era o que se chama “receptor neto” nos fondos de I+D+I e algúns proxectos e centros de investigación (CERN, Horizon2020) contan tanto con persoal como con participación de científicos británicos.  Ademais, como lembra un dos científicos entrevistados, unha cousa é seguir recibindo fondos e outra moi distinta poder participar nas decisións que se tomen en canto a política científica.

Engadimos tamén outra cuestión: a mobilidade. Teñamos en conta que neste momento mais dun 16% dos cadros de persoal das universidades británicas procede de países da UE. E, curiosamente, o seguinte EuroScience Open Forum terá lugar no vindeiro mes de xullo…en Manchester. Ao mellor trátase dunha boa oportunidade para perderlle o medo ao futuro e para consolidar o feito, dunha vez por todas, de que a ciencia e a investigación non coñecen de fronteiras. Unha boa maneira é ler este artigo no que se explican os proxectos da Unión Europea e o que leva investido en ciencia. 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: