BUSC, Catálogo, Comunicación científica

Acceso á base de datos de Autores Galegos da BUSC dende Dialnet

PALOMA CASTRO 

Unha liña de traballo constante da Biblioteca Universitaria  céntrase dende hai anos na recompilación e visibilidade da produción científica do Persoal docente e Investigador da nosa Universidade, na procura da correcta identificación e desambiguación do nome empregado polos docentes e investigadores,  porque somos conscientes de que  esta tarefa constitúe  a base imprescindible para unha correcta atribución das súas publicacións.

Constitúen  fitos importantes deste traballo a actualización constante da Base de Datos de Autores Galegos  e das páxinas de autor en Dialnet, creando perfís dos nosos docentes e investigadores onde se recolle a súa afiliación institucional e área de coñecemento, as variantes do nome que utilizan e  a súa bibliografía. Un aspecto que queremos salientar do traballo que facemos nestes perfís   é  a incorporación de  ligazóns  a outras bases de datos, catálogos e identificadores,  creando desta maneira múltiples enlaces que, sen dúbida, aumentarán a visibilidade da produción científica da USC.

Á recente incorporación do código ORCID na bases de datos xestionadas pola Biblioteca,  súmase hoxe a posibilidade de acceder á base de datos Autores Galegos da BUSC dende os perfís en Dialnet de máis de 1.500 autores vinculados á Universidade de Santiago.

A Biblioteca Universitaria contribúe  desta maneira a  unha mellor xestión da identidade dos seus docentes e investigadores e a unha precisa atribución das súas publicacións.

Páxina de autor tal e como aparece no catálogo da BUSC. Prema na imaxe para acceder ao contido

perfil autor dialnet1

Páxina de autor tal e como aparecería en Dialnet. Prema na imaxe para acceder ao contido

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: