BUSC, Catálogo, Efemérides, Fondo antigo, Galicia, Pasaron por aquí..., Patrimonio

90 anos da inauguración da Biblioteca América da USC

JAVI VILLAR

0 26 de xullo de 1926 (un luns, por certo; ergo…) inaugurábase en Santiago de Compostela a Biblioteca América, intimamente vencellada á figura de Gumersindo Busto, un compostelano de Laraño, que non recibiu ainda todolos recoñecementos, homenaxes e recordatorios que merece.

A biografía de Gumersindo Busto corre en paralelo a da biografía da Biblioteca América. Gumersindo Busto Villanueva nace en 1872 na compostelana parroquia de San Martín de Laraño. Con quince anos emigra a Uruguai e Arxentina. Chega a ser notario en Bos Aires. E no ambiente de hispanoamericanismo de principios do século XX, concibe a idea de crear en Santiago unha Universidade Libre Hispanoamericana, inquedo e molesto polo descoñecemento de todo o referido a cultura americana que percibe na súa terra. A idea da Universidade non sae adiante, pero a creación dunha Biblioteca América dentro da Universidade de Santiago, si.

En 1904 fúndase a devandita Biblioteca,  comezando para Gumersindo Busto unha tarefa inmensa e un traballo infatigable para reunir, sempre por doazón ou canxe, todo clase de libros, revistas, xornais, mapas, moedas, medallas, bustos, bandeiras, obxectos etnográficos e arqueolóxicos, música, mostras de flora e fauna, etc, o que a converteu  ó final nunha auténtica Biblioteca-Museo; recompilada despois de enviar miles de peticións a escritores, editores, intelectuales, profesores,etc  e todo tipo de institucións, organismos, asociacións, bibliotecas, gobiernos,etc,.

No ano 2004 coincidindo co centenario desta fundación sae do prelo un dos libros de cabeceira sobre a Biblioteca América: Cen anos da Biblioteca América: 1904-2004 coordinado pola profesora da USC Pilar Cagiao Vila e de onde tomamos as imaxes que acompañan esta entrada no blog.

En 1909, apróbase unha Real Orden do Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, pola que se autoriza a creación da Biblioteca América dentro da Universidade de Santiago e instábase a súa inauguración para o 25 de maio de 1910 coincidindo coa festa da independencia das Repúblicas Sudamericanas. Ainda deberían pasar dezaséis anos mais…

Ata 1926,  Gumersindo vai reunindoo todo na súa casa e vai enviandoo todo dende Bos Aires a Santiago de balde coa colaboración dunha naviera alemana chamada “La Hamburguesa”. Sen custo para a Universidade por suposto.

Pero despois de todo ese inmenso traballo, tanto esforzo invertido (case sempre en solitario) e tantos cartos gastados, o 26 de xullo de 1926 Gumersindo non asiste a inauguración do “sueño de un visionario emigrante gallego” (definición que forma parte do título duns dos artículos de referencia sobre a Biblioteca América: “Biblioteca américa, presente y futuro del sueño de un visionario emigrante gallego  2012) de Mabela Casal Reyes, e accesible no Repositorio Minerva da USC).

A razón desta inasistencia era simplemente económica e Gumersindo non quiso nin siquera que se soubera. Nin imaxinar o dolor de non ver o nacimento dunha criatura da que es o pai e a nai…  Unha ollada pola documentación e as imaxes que conservamos desta Biblioteca e do seu fundador, amósanos moitos detalles reveladores da categoría de este compostelano. A pesares de que nunca quiso ningún cargo, recompensa, título, remuneración ou protagonismo na inmensa obra que levou a cabo, foi nombrado doctor honoris causa pola Universidade de Santiago en 1934.

Titulo doctor honoris causa

 

Gumersindo Busto nunca estudou na Universidade de Santiago pero un “Vitor” do fundador e creador da Biblioteca América preside a sala onde actualmente se atopa. E contén unha errata tipográfica que pasou e pasa desapercibida…

 

Vitor

Un selo distintivo dos libros pertencentes á Biblioteca América é o selo de doante, no que constan os datos da persoa ou entidade doadora e a súa procedencia. Gumersindo Busto tivo 8 fillos, todos varóns, e tampouco quixeron quedar fora da lista de doantes ao magno proxecto do seu pai, como demostra este selo dun exemplar:

Selo 5 meses

 

Na correspondencia conservada de Gumersindo Busto tamén poden observarse detalles reveladores, como o final desta carta de 1914 na que, ante a “próxima” (¡?) inauguración da Biblioteca, describe como lle gustaría que fora e pide desesperadamente que lle manden fotografías…

Consejos local biblioteca america

 

Ou esta outra carta onde rechaza a Gran Cruz de Isabel la Católica que a Universidade quere solicitar ao Goberno para el e os argumentos e xustificacións que da Gumersindo Busto

Ms 634 Gumersindo Busto rechaza premio USC recorte

 

Pero, quizais, o fragmento de correspondencia mais entrañable, emotivo e ilustrador sexa un no que Gumersindo Busto en 1925, despois de rexeitar outra vez unha distinción, declara que si lle gustaría ter un título, para legarlo aos seus fillos arxentinos e que queran a sua terra coma el xa o fixera:

Ms 634 Carta mec 20 sep 1925 bibliotecario honorario recorte

 

O único que pidera Gumersindo Busto (ser Bibliotecario Honorario da Biblioteca América) non se lle concedeu.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: