BUSC, Catálogo, Efemérides, Exposicións

John Dewey, educación e pedagoxía: unha exposición

 

panoramica-da-expo

Panorámica xeral da exposición sobre John Dewey na Sala de Graos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (foto Carmen Varela)

CARMEN VARELA PRADO

O día 8 de setembro as 20 h. inaugurouse  na Sala de Graos e de Investigación da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) a exposición bibliográfica “in honorem” a  John Dewey,  filósofo, psicólogo e pedagogo americano considerado unha das figuras mais representativas da pedagoxía progresista. A súa obra mais emblemática, e máximo expoñente da defensa do ensino centrado no neno, foi  Democracy and Education. A introduction to the Philosophy of education . Dewey  foi un dos máximos mentores da escola nova e  progresiv, amosándose como un entusiasta manifesto da new era na educación, de notable influencia no século XX e de importante referencia a ter en conta na pedagoxía do século XXI.

Esta exposición vai ligada ao VIII Encontro Ibérico de Historia da Educación  da Sociedade Española de Historia da Educación e organizado polo Profesor da USC  Eugenio Otero Urtaza como Presidente do Comité Organizador,  e que tivo lugar na cidade de Lugo entre o 8 e 10 de setembro. e foi  a Historia da Educación hoxe: retos, interrogantes, respostas.

Os fondos que compoñen esta exposición proveñen de diversas bibliotecas que compoñen a BUSC: fondos da Facultade de Ciencias da Educación, Facultade de Filosofía, Historia, Biblioteca Concepción Arenal e Facultade de Formación do Profesorado (Lugo).

publico-da-expo

Imaxe do público asistente a inauguración da exposición (foto de Carmen Varela).

bibliotecarias

Bibliotecarias encargadas da montaxe na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (foto de Carmen Varela).

A exposición foi montada polo persoal da biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado seguindo o esquema  achegado polo profesor da USC Antón Costa Rico, promotor desta iniciativa. A exposición está dividida nas seguintes seccións:

  1. Obras de Dewey traducidas ao español baixo os impulsos “republicanos”
  2. Democracia e Educación ( galego, portugués, francés)
  3. Edicións posteriores de textos de Dewey en español
  4. Edición crítica e de referencia de textos de Dewey
  5. Estudos sobre Dewey

A exposición permanecerá aberta na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo ata o día 16 de setembro, desde onde viaxará ata a Facultade de Ciencias da Educación  de Santiago, onde estará aberta a partires do día 19 de setembro.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: