BUSC, Catálogo, Efemérides, Fondo antigo, Galicia, Minerva

“Nos los inquisidores apostólicos, contra la herética pravedad, y apostasía…” : falamos da Banned Books Week e de censura no 1776 :-)

 

Como tódolos anos, estase a celebrar nos Estados Unidos a Banned Book Week ou semana dos libros censurados. Trátase dun evento presencial e dixital – tendo lugar desde o ano 1982- e que pretende concienciar sobre a existencia aínda de moitas trabas e prexuizos contra a libertade, diversidade e opcións para lectoras e usuarias de libros nas bibliotecas públicas. Recollen a cifra de preto de 11300 volumes censurados nalgunhas bibliotecas baixo diversos motivos como linguaxe ofensiva, cuestións relixiosas,drogas ou alcoholismo. sexualidade explícita (esto é casi sempre o que mais se repite), homosexualidade e mostras públicas de afecto ou cousas tan ambiguas como “religious viewpoint” (sic). Estas imposicións fomentan feitos como que  Fun Home de Alison Bechdel- unha impresionante novela gráfica- sexa censurada por “imaxes gráficas” (sic) ou que,  sen ir mais lonxe, a Biblia aparece como censurada nalgúns lugares por “contido relixioso” o que é, ademais de paradóxico, moi sorprendente. Na listaxe do 2015 podemos ver:

2015

Os libros mais “impugnados” nas bibliotecas norteamericanas no 2015.

Hai tamén unha liña do tempo que recomendamos visitar, onde atopamos clásicos da literatura americana como The adventures of Huckleberry Finn de Mark Twain, For whom the bells toll de Hemingway, In cold blood de Truman Capote…e unha longuísima lista que amosa como os prexuizos resisten o paso das épocas.

Nós temos tamén algo que aportar, aínda que, afortunadamente, de hai moito mais tempo: un folleto do ano 1776 e impreso en Santiago, no que a Inquisición expresa a súa vontade” dirixida a todas y qualesquier personas” de prohibir ou expurgar “varios Libros, Tratados y Papeles”. Trátase dunha obra de longo título e que comeza por Nos los Inquisidores Apostolicos, contra la herética pravedad e apostasía.Vexamos a cabeceira do documento:

inquisidores

Premede na imaxe para abrir o rexistro en Minerva.

Segue a continuación unha listaxe de obras e autores e motivos polos cales teñen que retirarse. Vexamos, por exemplo, por que non poderíamos ler Letres de Madame de la Marquise de Pompadour (prohibida “en todo” (sic)!:

pompadour-pdf

 

 

Ou este outro exemplo do traballo meticuloso da Inquisición:

b11774939-pdf

Destacamos tamén as liñas adicadas a Fray Gerundio de Campaza, obra satírica do Padre Isla:

campazas

Cómpre ler as razóns expostas para solicitar a retirada dalgúns libros nas bibliotecas e facer algo de comparación para ver se os tempos mudaron realmente….sen ir mais lonxe, lembrar as razóns expostas neste mesmo ano 2016 para retirar algunha obra destinada ao público xuvenil  das canles de venta.

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Privacidade,activismo bibliotecario e outras cuestións na (futura) era Trump | Fonseca - 13 Decembro 2016

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: