Alfabetización e competencias, ALFIN, BUSC

Integración das competencias ALFIN/AMI no sistema educativo: aproximación a un informe

CARMEN VARELA PRADO

 

En novembro do ano 2014 presentaba neste blog ao Grupo GTALFIN, un grupo de traballo multidisciplinar e nacional creado no ano 2007 para traballar en Alfabetización Informacional e Competencias Educativas. A comisión permanente do Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB) solicitou a este grupo, do que formo parte desde o ano 2014 representando a REBIUN,  unha reorientación da actividade que viña realizando, encomendándolle a tarefa de traballar no eido das competencias informacionais en todas as etapas  do sistema educativo español, co gallo de elaborar un documento que analizase a situación do sistema e recollese directrices para a integración das competencias informacionais  en todos os niveis do sistema educativo.  O grupo comezou por reunir toda aquela documentación referente as competencias,  procedente de informes  da Comisión Europea ou a UNESCO, asi coma  distintas normativas  internacionais e nacionais, literatura científica prestixiosa e actual que permitir establecer un novo marco teórico no que asentar as liñas de traballo.

O resultado de dous anos de traballo remataron materializándose nun Informe que consta de dúas partes: unha analítica e outra prospectiva; expoñendo unha serie de propostas relacionadas coa competencia na xestión da información, dos medios e da tecnoloxía, dirixidas a mellorar o sistema educativo desde a aula , desde os centros de ensinanza e desde as bibliotecas para transformar a teoría en  realidade.

integracion

Prema na imaxe para descargar ou visualizar o documento.

 

O informe presenta a seguinte estrutura:

  1. Presentación, planeamento e obxectivos do Grupo de traballo de Alfabetización Informacional (GETALFIN)
  2. Análise bibliográfico sobre a competencia informacional/mediatica/dixital: estado da cuestión
  3. Análise DAFO realizado por GETALFIN en función dos obxectivos propostos e destinatarios como base para as propostas que contempla cinco eixes ou liñas de análise: o debe ser; xestión do cambio, estruturas para a implantación; impulso e coordinación institucional; impacto e visibilidade
  4. Propostas para implantar as competencia mediática/informacional no sistema educativo (2016-2010), agrupadas en catro grandes ámbitos de actuación: Estruturas mínimas de implantación; equipo humano; innovación; investigación, xestión do cambio, comunicación e difusión.
  5. Dez medidas urxentes para a alfabetización mediática e informacional
  6. Referencias e bibliografía tratada
  7. Anexos

No post  redactado  por Felicidad Campal, coordinadora do Grupo de traballo (GETALFIN) pódese ver a Infografía   coas dez medidas urxentes para a integración das competencias ALFIN/AMI no sistema educativo.

thumbnail_infografia_ami

Integración de las competencias AMI (alfabetización en medios e información) en el sistema educativo

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: