Acceso Aberto, BUSC, Comunicación científica, Minerva, propiedade intelectual

Guía de depósito TFG/TFM en Minerva: nova versión

portada-tfg-tfm-en-minerva

Portada da nova versión da Guía de depósito a que podedes acceder premendo nesta imaxe

Vense de depositar en Minerva unha versión actualizada da Guía de depósito de traballos de fin de grao e máster. Trátase dun documento que poda servir como referente ao persoal das bibliotecas para facer envíos de documentación ao repositorio, aínda que tamén consideramos que é de interese para tódalas persoas vencelladas a investigación, as e os directores  de TFG/TFM e resto do profesorado e  alumnado.

Imos resumir tanto os aspectos novidosos como repasar algunhas das características básicas do proceso de depósito:

  • En primeiro lugar cómpre lembrar os formatos nos que se pode facer o depósito : é preferible o pdf, aínda que poden admitirse outros.
  • O límite dé de 500Mb (se pasamos deste peso, pódese dividir o arquivo nun “principal” e “anexos”).
  • Estamos a falar de TFG e TFM, e segundo a normativa da USC, poden depositarse traballos que acaden unha calidade excepcional, os que veñan cualificados con matrícula de honra ou aqueles propostos polas comisións académicas.
  • A difusión dos traballos depositados en Minerva faise a partires dunha obra orixinal, coa autorización asinada o polo autor da mesma. Cando xurden conflitos en materia  de confidencialidade, propiedade industrial ou intelectual, etc.  poden resolverse mediante o depósito e non difusión do traballo (embargo) durante un determinado tempo.
  • O persoal da biblioteca é o responsable do depósito, recibindo das secretarías dos centros  os traballos en formato electrónico.
  • Na nova versión de Minerva engádese un formulario específico con todos os campos necesarios para a descrición, o que fai o proceso de depósito moito mais sinxelo e pretende, ademáis, evitar a edición de metadatos.
  • Defínese xa a posibilidade de engadir unha licenza Creative Commons  no momento de depósito. Facemos fincapé no feito de que, no caso de que non se contemple esta opción, asignaráselles a xenérica CC BY-NC-SA (a opción escollida por Minerva para documentos da USC).
  • creative-commons-de-oficio

 

Para calquera dúbida, comentario ou suxestión, pode contactarse con minerva@usc.es

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: