Internet, Patrimonio, propiedade intelectual, Redes sociais

Privacidade,activismo bibliotecario e outras cuestións na (futura) era Trump

L.G.

Moito estase a falar do que agarda ou pode agardar ao mundo coa chegada de Trump a presidencia. Na contorna profesional das bibliotecas norteamericanas existe certo grao de inquietude que ven de reflectirse en distintos cambios feitos nas últimas semanas e, tamén, algunha que outra polémica con respecto a temas como privacidade, retención de datos dos usuarios, etc. Lemos in The Guardian do día 2 de Nadal  un artigo asinado por Sam Thielman Libraries promise to destroy user data to avoid threat of government suivellance.  Aqui faise referencia ao cambio da política de privacidade e retención de datos feita na páxina web da NYPL, feita co gallo de subliñar o compromiso dos bibliotecarios coa libertade de información  e asúa política de recolección de datos.  Onde sinalaban “calquera  rexistro de actividade dos usuarios da biblioteca podería ser revelado baixo petición xudicial” di agora ” as veces, a lexislación oblíganos a compartir a vosa información baixo petición xudicial:  faremos isto, de darse o caso, se baixo un minucioso análise entendemos que, tanto a lexislación pertinenente en canto a privacidade ou a que se lle poda aplicar ao rexistro de actividade dos usuarios da biblioteca- nos obliga a facer isto. Subliñan, por outra banda, que non reteñen datos persoais mais do necesario.

stars

Captura da petición de fondos de Archive.org

Pola súa banda, Internet Archive.org,biblioteca dixital fundada no ano 1996 e orientado a conservar e protexer arquivos, sitios web e recursos multimedia, solicita dos seus membros unha doazón para establecer unha sede en Canadá, atendendo as circunstancias que atinxen a liberdade de expresión, etc. que derivarían da elección de Trump o pasado 9 de novembro. Archive.org explica a que a súa decisión non está, de ningún xeito, tomada a lixeira, senón que concorren diversas circunstancias que poderían comprometer o uso libre dos datos almaceados nesta inxente biblioteca dixital, composta de milleiros de libros, imaxes, películas e música, entre outros elementos. Especialmente popular entre xornalistas é a aplicación Wayback Machine, que posibilita o acceso a historial e configuración de antigas páxinas web, proporcionando unha visión completa dos cambios dixitais dos pasados anos (interesante botar unha ollada a, por exemplo, as páxinas de Amazon ou Apple nos seus inicios).

O compromiso dos bibliotecarios norteamericanos coa liberdade de expresión non é algo que veña dunha angustia post electoral ou dun excesivo alarmismo puntual. Lembremos a campaña feita por bibliotecarias e membros da ALA a favor da publicación- sen censura e sen recortes- do libro Stupid white men de Michael Moore na hipervixiada contorna que seguiu aos atentados contra as Torres Xemelgas do 11-S. Lembremos tamén campañas como a Banned Books Week, da que xa falamos neste blog. A ALA tivo tamén que matizar as súas primeiras declaracións de traballar xunto co presidente electo e insistir, nun comunicado posterior da súa presidenta Julie B. Todaro que ningunha administración faría cambiar o espíritu fundamental da Asociación, baseados en principios de libertade intelectual e absoluto respecto a confidencialidade dos datos. Algúns bibliotecarios pensan que, aínda así, a ALA mantén unha política algo morna ou mesmo “colaboracionista” con vindeiro réxime político, alomenos eso pensa a Sarah Houghton (Librarian in Black) no seu post Open Letter to ALA president Julie Todaro . Tamén, obviamente, hai quen cuestiona por que os profesionais das bibliotecas andan todo o día dándolle ao activismo político e mesmo pensan que teñen bastante tempo libre, engadindo (sic) que o seu rol profesional decreceu nos últimos anos debido a chegada de Google, por exemplo, e que teñen moito tempo libre, como apunta  ou Naomi Schaefer-Riley  no artigo (Why quiet-loving librarians shouldn’t shut up about politics)Como podemos apreciar, o descoñecemento do que son as bibliotecas ou os roles do persoal que nelas traballa. Hai algunhas contas de Twitter, como Librarians for Trump (@Lib4Trump) que manifestan a necesidade de voltar a  valores-segundo o creador da conta-perdidos na sociedade norteamericana, imaxinamos que tamén nas bibliotecas, atendendo as súas opinións sobre inmigración ou feminismo, por exemplo.

librarians4trump-lib4trump-twitter

Pero que hai, por escrito, dentro do programa de Trump que provoque tanto medo aos profesionais da información do seu país? Lemos en Arstechnica unha comparativa entre os programas de Hillary Clinton e Donald Trump. Moito do que se agarda de Trump ven mais do equipo que leva ao seu carón e das súas declaracións en temas como SOPA, a reforma do copyright, as patentes, etc. que dun programa estructurado. Curiosamente, e como di o autor do artigo, o crecemento do electorado de Trump ( o chamado “Alt-right”) provén de sectores moi vencellados ao uso de determinadas plataformas de microblogging  en Internet, como Reddit ou 4chan, e o propio Trump ten usado redes sociais- Twitter_ para, especialmente, atacar os seus adversarios políticos (como cando no 2014 criticou a Obama por “atacar a neutralidade da rede”). Paradoxalmente, seguindo coa argumentación do artigo,  é partidario da ampliación das leis antidifamación e mesmo amosou en varias ocasións  a posibilidade de “pechar Internet” se houbera que combatir ISIS  . Tampouco sabemos moi ben qué pode suceder en temas como ciberseguridade ou encriptación de datos, aínda que temos referencias como a súa petición de boicot a Apple cando a negativa da compañía a desencriptar o teléfono dun acusado de asesinato (o boicot a Amazon foi mais pola súa vinculación con The Washington Post). E, por suposto, no seu programa non había nada relativo a Snowden, quizais porque é obvio o que considera sobre este asunto.

Dave Kravets no artigo What the Trump win means for tech, science and beyond, anota algunha destas cuestións, sendo tamén relevante o seu párrafo adicado ao financiamento da ciencia por parte do goberno (nada claro no programa Trump, aínda que cunha perspectiva pesimista: nas súas intervencións aludiu en varias ocasións a necesidade de facer “recortes drásticos”, con excepción da NASA).  Pero todo aínda son conxecturas. Queda por determinar si o activismo do que falabamos antes, extensible obviamente a outros aspectos da sociedade norteamericana, permanece como unha fronte unida no caso de recorte posible de liberdades ou, si polo contrario, é flor dun día. The answer, como dixo o recente premio Nobel, is blowing in the wind. Ou no control do ciberespazo.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: