Acceso Aberto, Comunicación científica

Os boicots a Elsevier, as consecuencias e algunhas preguntas

L.G.

 

O pasado día 15 leíamos a nova de que o consorcio de bibliotecas universitarias alemanas DEAL anunciaba a interrupción das negociacións con Elsevier de cara ao ano 2017. DEAL, do que forman parte preto de sesenta universidades alemanas, basea a súa decisión nos altísimos prezos establecidos na devandita renovación e, tamén, na restritiva política da editorial coa publicación en OA. Coma consecuencia deste órdago do consorcio alemán, o vindeiro 1 de xaneiro non terán acceso aos arquivos retrospectivos de publicacións de Elsevier adquiridas como licenza individual. Canles alternativos como o préstamo inter, é a oferta da universidade para proporcionar artigos e información aos investigadores.

Captura de pantalla da Gottingen Universitätsbibliothek no que anuncian do que acontecerá ao non ter acceso a principios do 2017.

Lembrando a primaveira academica (o gran boicot orquestrado contra Elsevier) a partires do  manifesto de Tim Gowers  “The cost of knowledge”– ou o recente boicot  holandés, cómpre preguntarse que queda de todo esto. E, sobre todo, si o impacto dun boicot, con toda a súa lexitimidade e coa admiración que provoca en nós, ten consecuencias reais na política de prezos (e acceso) da editorial. No caso da loita liderada por Gowers, tivo resultados desiguais: por unha banda si que é certo que a editorial retractouse do seu apoio a Research Works Act, por exemplo, e iniciou unha tímida política de publicación en aberto.  Un artigo de Tom Heyman, Preter Moors e Gert Storms, da Leiden University On the cost of knowledge: evaluating the boycott against Elsevier fai unha análise das consecuencias reais deste boicot, aprezando a toma de postura realista do problema do acceso ao coñecemento e o compromiso que derivou del e pero, tamén, da -aparente- escasa firmeza de moitos dos científicos que asinaron a declaración. “Non publicar” é un compromiso complicado para manter durante moito tempo e desta persistencia dependería, en grande medida, o éxito da iniciativa. Poderíase recompilar unha extensa bibliografía dalgún destes signatarios en revistas do grupo editorial aínda que moitas veces son colaboradores ou participantes en investigacións que dan coma resulta un artigo: en catro anos, preto dun 38% remataron publicando en xornais de Elsevier. Aínda así, e tendo en conta tamén, que The Cost of knowledge engadiu poucos novos participantes recentemente, a conclusión do artigo é moi clara: os números non son malos, os procesos levan o seu curso e foron conseguíndose algunhas cousas determinantes para o acceso transparente aos resultados da ciencia. Moito mais: a creación desta nova cultura non sería posible sin a visibilidade destas revoltas. Tamén, en boa lóxica, coas súas idas e venidas: no caso do consorcio holandés – que no seu boicot pedía aos que foran compoñentes dos equipos de redacción das revistas científicas que dimitiran- rematou asinando un acordo con Elsevier, non exento de críticas, para proporcionar acceso aberto aos artigos asinados por investigadores holandeses.  Non sabemos se habería unha reacción tipo dominó, pero, polo momento, o xa mentado Tim Grovers pide desde o seu blog un “Elsexit”, solicitando que non se renoven as suscricións a Elsevier por parte dos consorcios británicos.

 

the-cost-of-knowledge

Pantalla de inicio do manifiesto “The cost of Knowledge”, propiciado por Tim Gowers e que deu pe a chamada “primavera académica

 

Os boicots, funcionen ou non, poñen enriba da mesa un problema : poden non resolvelo, pero fan que sexa visible. Do mesmo xeito, e xa cumplidos dez anos da proposta subversiva de Steve Harnad, aquí se trata de saber ata onde se pode  chegar: as universidades teñen un compromiso coa ciencia, coas Declaracións de Acceso Aberto, cos seus investigadores e coa xestión dos recursos públicos. Os investigadores, tamén, teñen que ser avaliados, en función duns determinados criterios.  E, por outra banda tamén compre pensar no seguinte:

  • Propiciará, nalgunha medida, o acceso a “canles alternativos” pero moi naturalizados na dinámica de moitos investigadores? Sci-Hub está plenamente instalada e a obtención de información por parte de redes sociais científicas tamén.  (Falamos no noso blog- aquí e aquí–  de Sci-Hub). Hoxe mesmo, Alexandra Elbakyan. impulsora deste Pirate Bay científico,  ven de ser nomeada un dos persoaxes do ano…pola revista Nature. 
  • Consecuencias reais para o Acceso Aberto: vaise incrementar o seu uso e demanda alén de recalcar o noso compromiso con él?

Como din nalgures, “o voso turno”.

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: