Acceso Aberto, BUSC, Fondo antigo, Galicia, Patrimonio, Recursos propios, Repositorios

Outro mapa histórico galego no repositorio: Galicia en 1609

 

Un novo mapa histórico e singular de Galicia atópase xa no repositorio Minerva da USC onde pode ser consultado, visualizado e descargado de forma libre e gratuita.

thumbnail_mapa_galicia_1609_epitome

Neste caso trátase, non dun mapa solto, senon dun mapa contido nun atlas impreso en Amberes en 1609, o Epitome Theatri mundi, edición de bolsillo do famoso Atlas de Abraham Ortellius.

E dentro dos mapas antigos de Galicia conservados na BUSC ocupa un lugar singular por varias razóns:

* O pouco referenciado e estudado que está este mapa do “Galitiae regnum” de 1609

* O descoñecemento sobre a orixe e autoría deste mapa en concreto

* Os importantes erros contidos no mapa en canto a proporcións e posicións

* A curiosa e sorprendente toponimia local en castelán, por exemplo, os antigos habitantes desa zona recoñecerán rapidamente en “S. Marta” (Santa Marta) a festivalera vila coñecida no todo o mundo celta

* Conter, ademais do mapa, un texto explicativo o reseña sobre a denominación, situación, tamaño, descrición, recursos e cidades da Galicia do principios do século XVII.

Este Epitome da magna obra cartográfica de Abraham Ortelius, publicouse por primeira vez en 1579 en moitos idiomas, e na nosa edición en latín de 1609 engadíronse por primeira vez  once novos mapas ou “tablas geográficas”, entre eles o de Galicia, como consta no segundo índice da obra:

index-tablarum

No verso da páxina anterior a este mapa nº 12, insírese un breve texto descriptivo da Galicia desa época no que podemos ler, entre outras cousas:

* As distintas denominacións de Galicia: “Gallicia”, “Gallaecia”, “Callaecia” e incluso “Galicia” (no citado segundo índice do atlas)

* Que ostenta o título de reino pero baixo o reino de Castilla

* Que é moi montañosa e rica en caza e pesca

* A abundancia de cítricos, mazás e limóns

* Que os seus viños e balnearios son dos mellores de Europa

* Que ten moitos portos de mar entre eles o mais coñecido o de “Corunnae”, antes coñecido como “portus brigantinus”

* Que é rica en xacimentos de ouro e prata que xa levaron os romanos

* Que é famosa tamén pola cidade de Compostela, onde atópase o corpo de Santiago Apóstolo

* Menciona as catro cidades tamén famosas do reino: “Tudensem, Auriensem, Lucensam & Glandomyrensem, Mondognedo vulgo dictam”

* E remata a descrición remarcando que este reino de Galicia contara noutro tempo cunha extensión moito maior.

gallicia

O mapa de Galicia deste Epitome é o número 12 e circulou tamén como mapa solto coloreado a man, pero que salta á vista que foi extraido do noso atlas de bolsillo, como esta reprodución do mapa nº 8 da obra Cartografía de Galicia, 1522-1900, exposición preparada con motivo del Bicentenario de Domingo Fontán: 1788-1988, editado polo Instituto Geográfico Nacional en 1988”:

Non ocupa un lugar destacado este mapa na historia da cartografía de Galicia, pero paga a pena botarlle unha ollada descubrindo os mil detalles curiosos tanto do mapa como do texto descriptivo da Galicia do 1609

oretelio

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: