BUSC, Comunicación científica, Exposicións, Galicia, Pasaron por aquí...

Mulleres e ciencia: pioneiras na USC (unha colaboración de Xoana Pintos sobre as primeiras científicas da nosa Universidade)

 

Hoxe temos a honra, e o pracer, de presentar unha colaboración de Xoana Pintos Barral. Xoana é investigadora na USC,  especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico, e tamén autora da tese de doutoramento  As mulleres nos estudos  experimentais da Universidade de Santiago : 1910-1960.  Tamén é a responsable da exposición Mulleres no laboratorio, primeiras científicas da USC que poderemos visitar ata o día 24 na Biblioteca Concepción Arenal,  e pola que podemos poñer nome e rostro ás mulleres que seguiron a súa vocación científica e lograron abrir camiños de igualdade.  Esta mostra está organizada en colaboración coa Oficina pola Igualdade de Xénero da USC. Cedémoslle a palabra a Xoana, que nos fala da investigación realizada para facer esta mostra e dos criterios empregados na mesma.

cartel-mulleres

XOANA PINTOS BARRAL 

 

O 11 de febrero celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia .  Como indica á propia ONU, a declaración de “día internacional de” sirve para sensibilizar e concienciar á opinión pública sobre un determinado problema social non resolto. Este día, instaurado no 2015, pretende vindicar a igualdade de xénero e o pleno acceso e plena participación en tódolos campos científicos –ciencia, enxeñaría, tecnoloxía e matemáticas- de nenas e mulleres, poñendo fin aos prexuízos, e reclamando oportunidades para o seu desenvolvemento profesional.

A ciencia segue a transmitir una potente imaxe de masculinidade pero as mulleres estamos aquí estudando e investigando, e antes que nós, estiveron outras, que reclamaron e conseguiron – hai pouco máis de cen anos- o dereito á formación, en igualdade cos varóns, e o acceso sen trabas aos estudos universitarios. Somos debedoras destas valentes mozas pois a educación das mulleres fixo máis pola emancipación e pola igualdade que a consecución do dereito ao voto.

As primeiras estudantes de ciencias da Universidade de Santiago, estudaron nas únicas tres facultades experimentais daquel momento -Medicina, Farmacia e Ciencias- no primeiro terzo do século XX. Como alumnas traballaron duramente na súa formación acadando, en moitos casos,  a “excelencia académica”. Pioneiras en prácticamente todo: primeiras estudantes, primeiras licenciadas, primeiras bolseiras, primeiras doutoras, primeiras docentes universitarias, primeiras en aplicar á investigación á práctica empresarial. No seu camiño atoparon hostilidade por querer exercer profesións que non eran consideradas “femininas”: certas especialidades médicas, o traballo nos laboratorios de investigación ou a propia docencia universitaria.

Para saber máis delas, dalgunhas delas, porque foi necesario facer uha escolla, cómpre visitar a exposición que percorrerá diversos centros desta universidade. A necesaria selección por necesidades de espazo, foi difícil, pois hai máis salientables, moitas máis. Todas recibiron toda ou parte da súa formación científica nas aulas da Universidade de Santiago, todas tiveron una destacada traxectoria investigadora e profesional. A Guerra Civil marcou as súas vidas. Atoparemos a Manuela Barreiro, primeira das nosas licenciadas, e tamén ás xemelgas Fernández de la Vega, a Eugenia Pereira, Olimpia Valencia, Antonia Ferrín, Rita Fernández Queimadelos, Ramona Vaamonde, Ángeles Alvariño xunto coas primeiras odontólogas e docentes universitarias. Só una mostra, por necesidades de espazo, pero hai máis, moitas máis, cunhas destacadas traxectorias investigadorae e profesionais

Ao César o que do César: como non recuperar a estas mulleres, estas brillantes estudantes, estas investigadoras, estas científicas  que son un espello no que mirarnos. Sin o seu empuxe nós non estaríamos probablemente hoxe aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: