BUSC, De autor, Exposicións, Ferramentas, Galicia, Minerva, Patrimonio, Repositorios

Memoria do cotiá, construción colectiva…e unha pregunta e proposta final.

L.G

Lemos en Praza.gal sobre o proxecto Phottic, unha startup galega que ven de desenvolver un espazo dixital adicado a memoria cotiá das fotografías, procedentes de colectivos ou recompiladas de forma individual. Asi acolle, por exemplo,documentación que abrangue a historia de clubes como o Deportivo da Coruña, coleccións promovidas por concellos como Fene, Celanova ou As Pontes; comunidades escolares e outros tipos de asociación. A aplicación, de uso gratuíto, permite xeolocalizar imaxes, documentalas e compartir o coñecemento co resto do mundo, pero tamén que todo o recuperado non se perda, como din no artigo, no timeline das redes sociais. Certo é que a facilidade coa que subimos moitas veces fotos doutros tempos a rede- ben en páxinas de Facebook tan ben levadas como Coruña, onte e hoxe,   por exemplo-provoca unha reacción festiva e espontánea, pero efímera, non permitindo almacenar, xestionar ou conservar esas imaxes nalgún repositorio ou lugar onde acudir e telas de man. Alguén que quera buscar de novo algunha foto en Facebook nalgunha destas páxinas despois duns días de tela visto, sabe ben do que falamos.

 

Captura de pantalla da páxina de inicio do proxecto Phottic

Existen multitude de iniciativas que impulsan tanto compartir como conservar a memoria común. Nas pasadas xornadas do mes de setembro de CoruñaDixital, María Yáñez fixo unha  brillante presentación sobre Institucións da memoria comunitaria: estes procesos de recompilación colectiva, creando ou reciclando contidos a partir da emerxencia de ferramentas de autopublicación (nas que incluiríamos os blogs, por exemplo).  Recomendamos o visionado da charla que deu María completa, nós limitaremonos a facer unha escolma do que aquí aparece. Quedámonos coa idea de que o privado pode ser público e, por suposto,  ben común. Con ferramentas gratuítas, co que se ten mais a man, pódense indizar ben os contidos para estaren dispoñibles. Quizáis a mágoa esté en que sexan proxectos moi atomizados, o cal está moi ben porque reflicten unha intención concreta en cada caso, pero corren o risco tamén de dispersarse e non ser reutilizables.

(Recomendamos que vexades completa a intervención de María Yáñez, que explica todo moito mellor que o que estou facendo eu no post):

 

Alén de proxectos como xa os mencionados,-aos que engadiríamos Socheo, Riotorto no Tempo, Fálame de San Sadurniño, etc-están vencellados, como xa dixemos, a recuperación da memoria colectiva, contando cunha implicación por parte de todos os membros da comunidade, que buscan entre as súas fotos e lembranzas co gallo de conservalas, lembrar amizades e veciños, familia, actividade da zona. Gostaríanos tamén falar da Asociación Cinematográfica Galega, coa súa recuperación de cintas de vídeo, super 8, etc que reflicten esceas familiares indiviuduais e colectivas, celebraciósn como vodas e bautizos, recreacións na paisaxe, etc. a partir das aportacións de moitos usuarios. Non son iniciativas illadas: no pasado mes de maio do 2016 constituíuse a rede de cine doméstico, con diversas entidades de varias comunidades autónomas adicadas ao mesmo.

Por que falamos disto? Hai uns días, unha investigadora púxose en contacto con nós para saber se tiñabamos un repositorio ou arquivo fotográfico, en concreto orlas de distintas promocións, fotografías da actividade cotiá da Universidade de Santiago de Compostela en distintas épocas. Falando con esta investigadora, Xoana Pintos , alma da exposición que poidemos ver na Concepción Arenal sobre as primeiras científicas da USC e especialista nesta materia, decatámonos tamén dese oco na documentación: ao que podíamos acceder era dun xeito individual, falando con profesores ou persoal dos distintos departamentos, pero non tiñabamos onde acudir, a excepción dos arquivos persoais ou os libros xa publicados sobre historia da Universidade. Orlas das distintas promocións andan polos pasillos das Facultades, pero non temos todas recompiladas de forma sistemática. Por suposto que existe unha privacidade lóxica. E claro que temos cobertura xornalística, por parte tamén da propia universidade, dos seus eventos e actos. Pero se pretendemos documentar o día a día, actividades mais cotiás, teríamos que acudir casi ao privado ou a algúns vídeos subidos a redes sociais.

Sabemos que houbo algún proxecto illado, pero do que non temos mais noticia. Gostaríanos saber se existen proxectos así noutras universidades, si son xestionados pola biblioteca e, tamén, se existe algunha colección en repositorios, ou sitios web das universidades, arquivos nas que se faga este tipo de traballo documental.

Axudádenos? Como diría alguén, “o voso turno”.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: