Acceso Aberto, BUSC, Comunicación científica, Ferramentas, Internet, Minerva, Redes sociais, Repositorios

Algunhas ferramentas de información e comunicación científica: Impactstory, Howcanishareit, Unpaywall …

 

L.G.

Hoxe traemos un feixe de ferramentas relacionadas coa comunicación científica e a busca de información. As dúbidas que xorden sobre como e onde publicar, saber se un artigo polo que estamos a piques de pagar está nun repositorio institucional ou nalgunha outra plataforma OA depositada polo autor; e, tamén, fomentar a visibilidade e  o impacto das nosas investigacións. Obviamente, non resolven todos os problemas que pode chegar a ter o PDIno desenvolvemento das súas investigacións, pero vanse coñecendo iniciativas e aplicacións de moita utilidade. Vexamos pois algo sobre estas tres.

  • Howcanisahreit é unha plataforma potenciada por diferentes editoriais co gallo de resolver as dúbidas sobre as versións que podemos subir a repositorios -ou redes sociais científicas- dos nosos traballos de investigación. Se seguides o noso blog (e agardamos que así sexa) temos falado dos problemas que se derivaron nun determinado momento con redes como Academia.edu e versións de artigos previamente publicados en revistas do grupo Elsevier. Ademais de lembrar o importante que é saber o que asinamos nun contrato cunha revista (ao que temos e non temos dereito, mália que a investigación sexa nosa), cómpre saber a versión do traballo que  podemos espallar, onde e como difundila sin ter problemas de propiedade intelectual. Aínda con poucas ligazóns cargadas, pode resolver moitas destas dúbidas e plantexar un tratamento moito mais correcto, e seguro, das resultas da investigación, recompilando nun único portal as políticas de publicación dos diferentes grupos editoriais, e proporcionando tamén un punto dende o que compartir. Especialmente interesante, e que merecería un artigo en si mesmo, é a sección de “Voluntary principles” (con versión en castelán aquí onde se insiste nunha cousa moi importante desde o noso punto de vista: non pretenden substituír senón cumplimentar os acordos previos en termos de Open Access.

Captura da páxina de inicio de Howcanishareit (premede na imaxe para acceder)

  • Falamos tamén estes días nas nosas redes sociais de Unpaywall. Trátase dunha extensión para navegador- dispoñible para Chrome e Firefox-  que permite saber si un artigo que estamos buscando, e que aparentemente é de pago, ten unha versión a que podamos acceder libremente nalgún repositorio de prepints, DOAJ, etc.  Existían outras ferramentas – OA button, por exemplo, para atopar artigos en OA, a diferenza está na busca por DOI ou por oaDOI. E, lóxicamente, a pregunta sobre a “posible” relación con Sci-Hub tamén está aí (sobre a controversia con  SciHub podedes ler o noso post Sci-Hub, Open Access e o sistema de comunicación científica)

E a resposta que dan no blog de Agricultural Information Management Standards (e que reproducimos a continuación) é ben contundente:

Queda claro: subliñan que soamente traballan con pdfs legais, sin acusar directamente a Sci-Hub do contrario.

  • E relacionado con este botón está Impactstory, unha iniciativa respaldada pola Alfred P. Sloan  e a National Science Foundation e que se articula nun sitio web de código aberto cuxo obxectivo é que os investigadores compartane a partires da creación dun perfil, o impacto da súa investigación en diferentes medios en liña. É decir : oferta indicadores altmétricos da nosa actividade investigadora. Velaí o exemplo que ofertan na propia web de Impactstory:

Tanto as mencións que se fan en liña deste investigador ficticio, Ethan White, como as porcentaxes en OA dos seus artigos, a “lonxevidade” dos comentarios sobre os mesmos, e – incluso e isto é moi sorprendente- a recepción na Wikipedia da propia investigación. Mais un timeline, etc. etc.

Pero claro, tamén chega a pregunta: son un investigador, como me manexo entre tantas plataformas, tantos datos, tanta cousa a ter en conta? Impactstory ten unha boa nova, xa que xenera un rexistro automático a partires do perfil ORCID do investigador. Se temos un perfil normalizado, podemos, polo tanto, acceder a esas resultas altmétricas.

Julio Alonso Arévalo ofértanos este tutorial para a creación do perfil.

Animadevos a probar estas ferramentas e a compartir a vosa experiencia con nós. E se vos resultou de axuda o post premede nas estreliñas de abaixo. Os comentarios son tamén benvidos!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: