Alfabetización e competencias, Ferramentas, Redes sociais

Cuestionar a posverdade: WikiTribune e o papel dos profesionais da información

O pasado 2016, o Oxford Dictionary escolleu a palabra posverdade como palabra do ano.  Ese termo, que coñecimos e comezamos a manexar hai aproximadamente uns poucos meses, refírese a creación dunha opinión pública manipulable,  do establecemento de demagoxias bonitas e ben empaquetadas, presentadas co fin de potenciar un pensamento único, unha realidade falaz a medida, o que nos convirte en individuos e sociedade manipulable.  Partindo da necesidade de rexenerar as fontes do xornalismo, ao que considera roto, Jimmy Wales, creador da Wikipedia, promove unha plataforma de novas chamada WikiTribune. Que é WikiSource? Pois un xornalismo baseado na evidencia, o que, baixo o criterio dos que detentan esta plataforma, perdeuse xa hai tempo co espallamento da rumoroloxía, das novas sen comprobar, do fume, do escasamente científico. A crenza cega en todo o que “aparece nas novas ou na Internet” fai necesaria unha nova estratexia de información, que empodere e dote de criterio a sociedade.

A idea na que se basea está moi ben explicada nesta gráfica, que tomamos da súa web.

 

Diagrama no que se explica o funcionamento de Wikitribune: a intersección entre os feitos, a comunidade e os xornalistas.

 

 

A plataforma inaugurouse hai uns días e funciona como a Wikipedia, mediante doazóns e, pensamos, aínda é moi cedo para saber da súa viabilidade ou do grao de implicación que vai ter a cidadanía. De tódolos xeitos, inaugurouse pola porta grande: cunha entrevista, nin mais nin menos que a Edward Snowden, quen sabe moito de posverdade.

Captura de pantalla do tuiter de Wikitribune, onde podemos ver a Wales falando con Edward Snowden. Un momento histórico.

E que podemos facer as persoas que traballamos en bibliotecas, os profesionais da información, para axudar ao cuestionamento da posverdade? Sabemos que, por unha banda,  o uso ético da información é un dos piares nos que se asenta a produción científica de calidade,e, por outra, é imprescindible fomentar o pensamento crítico. Neste sentido, a IFLA publica unha infografía, que reproducimos a continuación, titulada How to spot fake news e que trata, precisamente desta cuestión no contexto da alfabetización informacional e dixital. A infografía, descargable en varias linguas- reproducimos en castelán, ao non estar dispoñible o galego-  pode ser espallada, reproducida, difundida, xa que asi nolo piden dende alí. Moi útil sobre todo no contexto das redes sociais, donde a rapidez, a voracidade das redes, exclúe a comprobación de datas, fontes e procedencia.

Infografía da IFLA con 8 consellos para avaliar novas

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: