Patrimonio, propiedade intelectual, Redes sociais, Repositorios

Jornadas de gestión del patrimonio bibliográfico de REBIUN (Toledo, 1-2 xuño 2017): participación da BUSC

Os pasados días 1 e 2 de xuño tiveron lugar na cidade de Toledo as primeiras Xornadas de Xestión do Patrimonio Bibliográfico organizadas polo Grupo de Traballo de Patrimonio Bibliográfico da Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN) e pola Universidad de Castilla La Mancha.

O principal obxectivo destas xornadas era abordar a situación actual e a posta en común das perspectivas de futuro das bibliotecas, universitarias ou non, depositarias de importantes coleccións de Patrimonio Bibliográfico. As xornadas superaron as expectativas dos organizadores: máis de 170 asistentes, tres conferencias e 26 comunicacións repartidas en seis sesións, abordando as mais variadas temáticas neste ámbito. A documentación das xornadas, publicarase na revista RUIDERAe no número de decembro de 2017 en papel como número monográfico da revista así como no repositorio de REBIUN.

A representación da Universidade de Santiago de Compostela neste evento foi particularmente intensa. O noso compañeiro Javi Villar, membro do devandito grupo de traballo, foi un dos encargados de presentar a conferencia inaugural (La gestión del patrimonio bibliográfico: estado actual) en representación do grupo. A maiores presentou unha comunicación (Los fondos de la Bibliotecas de la Universidade de Santiago de Compostela procedentes de la Biblioteca del Duque de Osuna), centrada en la identificación e localización deste fondo e nas súas marcas de procedencia. As nosas compañeiras Lorena Gómez Méndez e Isabel Sempere Serrano, pola súa banda, co suxerente título de Preservar, difundir, comunicar: del repositorio a las redes sociales y a la ciudadanía, falaron dunha curiosa e exitosa experiencia do impacto da publicación en redes sociais  dunha colección de mapas no repositorio Minerva. Por último, fora da contorna da BUSC pero da nosa Universidade, Fátima Díaz Platas, María Luisa Díez  Platas e Paloma Centenera Centenera, presentaron a Biblioteca Digital Ovidiana, como exemplo de difusión y conservación do patrimonio bibliográfico, da que, por certo, podemos disfrutar na Exposición que actualmente se mostra no Pazo de Fonseca.

Un momento da intervención do noso compañeiro Javi Villar, falando da biblioteca do Duque de Osuna

Destacadas tamén foron as outras dúas conferencias: na primeira, o conservador-restaurador da Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla da Universidad Complutense de Madrid, Javier Tacón Clavaín, baixo o expresivo título La conservación del patrimonio bibliográfico: ¿tan difícil es?, despois de invitarnos a “baixarnos da nube” para enfrentarnos ao obxecto real- sen esquecer por elo a capacidade da virtualización para a conservación e a difusión-fixo un completo repaso aos tema clave referidos á conservación do patrimonio bibliográfico: condicións, instalacións, escasez de persoal, ausencia de plans de desastres e de formación, etc. As condicións físicas de fondos e instalacións, e a importancia do libro como obxecto, mais aló da súa función como soporte de información, foron tamén un dos puntos esenciais da súa intervención.

Na segunda, María Luisa López Vidriero, directora da Real Biblioteca, nun tono máis histórico e filosófico, falou en El límite del viaje: el discurso científico después de los catálogos de que é necesario plantexarse como interpretamos o presente. A partires dun percorrido polos nosos catálogos, e de ferramentas actuais como a web semántica, conducironnos á necesidade dun cambio de mentalidade para entender o sentido e a función que ten a biblioteca, como instrumento para reequilibrar a interacción do doble papel do individuo como produtor e consumidor de coñecemento.

En definitiva, o estado das nosas coleccións patrimoniais, a necesidade da preservación dos seus fondos, de difundilos e de facilitar o acceso aos mesmos, son os problemas que mais preocupan no noso ámbito.

 

Un último desexo dos organizadores deste evento é que non poden ser mais que o inicio dun bo costume que debe repetirse con continuidade e sen deixar que pase moito tempo entre este encontro e o seguinte. E que algunha Universidade tome o relevo do magnífico traballo realizado polos compañeiros da Universidad de Castilla La Mancha…

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: