Acceso Aberto, BUSC, Catálogo, Comunicación científica, Ferramentas, Repositorios

Xa está aquí o JCR do ano 2016

Xa temos dispoñible a versión do Journal of  Citations Report  correspondente ao ano 2016, integrado xa con InCites, e ao que Universidade de Santiago de Compostela, coma a maioría das institucións españolas, accede polo FECYT,  Lembrade, tamén, que para iso tedes que acceder desde a propia institución, no portal reBUSCa–  ou ben facer uso do sistema de autenticacion do SIR  como vos lembramos aquí.   

Por qué é tan importante ou por que avisamos sempre da nova edición do JCR? Ben, porque aínda que sexan cuestionados. os índices de impacto son unha ferramenta para avaliar a importancia, nun período de tempo, dunha revista determinada. Seguir as subas ou baixas do factor de impacto é algo que, con maior ou menor fortuna, sigue a terse en conta na avaliación da actividade investigadora. A fórmula que se emprega é, como moitos xa sabedes, partindo dos artigos publicados nos dous anos anteriores e dividindo o total de citas recibidas por eses artigos polo total de artigos publicados. Polo tanto, recomendamos moito aos investigadores que consulten os novos datos de cara a actualización do seu currículum (lembrando tamén que as resolucións de sexenios están comezando a chegar).

Hai algunhas cuestións salientables que nos gustaría comentar:

a) É importante coñecer tódalas funcionalidades e criterios de busca. Na lapela “Customize” temos algúns factores que poden axudarnos a mellorar e filtrar as buscas. Deixamos como exemplo tres, que vos sinalamos cunha frecha bermella. Ollade qeu temos xa marcados “Total Cites”,  o Journal Impact Factor e o Eigenfactor.

b) Outra das cuestións, para nós ben interesante, é o botón que permite as buscas de revistas en OA, xusto debaixo da lapela que nos permite escoller a base de datos que buscamos

 

Sabemos, como xa comentamos, que o JCR é un tema controvertido.  Aínda así, é interesante ver os comentarios que fan os investigadores. Recomendamos a lectura de Ya se ha publicado el JCR 2016 no blog de  Francis R. Villatoro falando de como suben ou baixan algunhas das revistas do seu eido científico, a informática.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: