Alfabetización e competencias, Aplicacións móbiles, BUSC, Ferramentas, Formación, Galicia, Marketing bibliotecario, Repositorios

A BUSC nas XV Jornadas CRAI de REBIUN

MARÍA CANA VILLAR, JOSÉ RODRÍGUEZ  DOPAZO e MARIE-PIERRE BOUYSSOU-POINCHEVAL

 

O crecemento da formación masiva online (MOOC) e doutras formas de ensinanza semipresencial e en liña é un dos factores clave recoñecidos na Estratexia para a internacionalización das Universidades Españolas 2015-2020.

A Universidade de Santiago de Compostela establece a procura da excelencia na docencia e a proxección internacional no seu Plan Estratéxico 2011-2020. Así, pretende impulsar procesos de cambio e innovación educativa sustentados nas tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento, co obxectivo xeral de que o profesorado amplíe a súa formación no uso de ferramentas TIC na docencia coa finalidade de favorecer o desenvolvemento das titulacións de carácter semipresencial e en liña, apoiar as actividades docentes de carácter presencial e contribuír á difusión do coñecemento, cos seguintes eixos de acción:

  • Creación de cursos en liña abertos e masivos (MOOC).
  • Creación de materiais audiovisuais en formato “pílulas de coñecemento”.
  • Desenvolvemento de iniciativas de innovación docente a través do Campus Virtual.

Cal é a nosa implicación como biblioteca neste eido?  Desde hai uns anos, a BUSC desenvolve estas accións a través dun número crecente de actividades formativas, presenciais e en liña, dirixidas a toda a comunidade universitaria. Desde o pasado curso 2016-2017, algunhas delas ofrécense a través do Campus Virtual da USC, en forma de SPOCs (Small Private Online Course). Neste contexto,participa nas XV Xornadas CRAI, -organizadas por REBIUN (Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas)-, que este ano acolle e organiza a Biblioteca da UNED e que xiran en torno aos MOOCs (Massive Open Online Course) como o formato máis estendido de formación en liña.  A elección recorrente deste tema para as presentes xornadas débese, en palabras de Beatriz Tejada Carrasco, Subdirectora de Planificación, Calidade e Comunicación da Biblioteca da UNED, á crecente importancia que as bibliotecas universitarias están a adquirir na súa función de soporte aos equipos docentes: apoio no uso de metodoloxías educativas innovadoras, propiedade intelectual de materiais multimedia, xestión administrativa e, mesmo, nalgúns casos, na elaboración dos propios MOOCS.  As Xornadas contaron coa participación de docentes con recoñecida experiencia na creación e titorización de MOOCS, empresas como MiriadaX (Telefónica), destacados profesionais do sector do e-learning e as tecnoloxías de aprendizaxe a distancia, e expertos do mundo da información e das bibliotecas académicas.

Representantes da BUSC nas XV Jornadas CRAI, de esquerda a dereita: Marie-Pierre Bouyssou Poincheval e José Rodríguez Dopazo – ambos da Biblioteca de Medicina- e María Cana Villar da Biblioteca de Económicas.

No noso repositorio Minerva deixamos un resumo pormenorizado de tódalas ponencias realizado polos participantes e que podedes atopar aquí.

 

CONCLUSIÓNS DAS XORNADAS SEGUNDO OS REPRESENTANTES DA BUSC

 

Como era de esperar, cada quen fai a formación á súa maneira, adaptándose ás necesidades da comunidade á que atende, pero con importantes diferenzas marcadas pola planificación inicial, o tipo de institución (presencial, virtual ou a distancia), os recursos cos que conta cada centro (persoal, tecnoloxía …) e sobre todo, pola multidisciplinariedade dos equipos de traballo. As Universidades capaces de formar equipo entre a Biblioteca, os docentes e as Unidades de apoio tecnolóxico levan moita dianteira, o que demostra que esta é a forma máis efectiva de ofrecer o mellor servizo de formación de usuarios.

 

  • Tamén se pode concluír que os MOOCs son un instrumento máis de márketing da Universidade: proporcionan visibilidade, presencia nas redes e prestixio. Serven tanto para abrirnos á sociedade como para manter a fidelidade do alumnado egresado, suscitar intereses novos ou continuar aprendendo ao longo da vida.
  • Doutra banda, a oferta de MOOCs transcende a Biblioteca a supón a implicación de toda a Universidade. A produción de contidos e a xestión dos cursos requiren moito esforzo e recursos polo que cómpre valorar a conveniencia de que a USC comece a ofrecelos, ou se dedique a SPOCs ou NOOCs dirixidos só á comunidade universitaria. Desde o noso punto de vista, a BUSC precisaría converxer coa ATIC, o CeTA e, sobre todo, co persoal docente como paso previo ao deseño dos MOOCs., tendo en conta que parece só cuestión de tempo que nos vexamos arrastrados por este novo modelo de docencia.
  • O longo dos relatorios e dos talleres produciuse unha converxencia entre iniciativas da empresa privada e do mundo empresarial, –con termos como profesionalidade, eficacia, competitividade, financiación, aprendizaxe ao longo da vida, partners,…- e o espírito das institucións públicas, con vocación de servizo, utilidade social, compartición e reutilización de recursos, software libre, copyleft …

 

Probablemente a idea nuclear que podemos extraer das xornadas sexa que a formación a través de plataformas en liña, impartida por institucións de educación superior e  dirixida a diferentes colectivos que desexan e necesitan formarse de xeito profesional e ao longo da vida, veu para quedarse. Tócalle ás autoridades académicas tomar decisións nesta dirección, polo que entendemos que tería sido un punto a favor que unha representación da/s Vicerreitoría/s con competencias nestas cuestións tivera acudido ás Xornadas.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: