Acceso Aberto, Alfabetización e competencias, ALFIN, Comunicación científica, Ferramentas, Formación

Titoriais na BUSC e básicos para comezar o novo curso

Agora que comeza o novo curso, imos facer un post rápido para lembrar algunhas ferramentas, tanto desde a páxina da BUSC, como algunha outra que pensamos pode ser útil.

En primeiro lugar, como é lóxico, falaremos do que temos aloxado na nosa páxina . Ademáis das consultas ao catálogo, temos unha sección de guías que podedes consultar e que van dende o manexo de Pórtico ou Prelo ata a Scopus ou uso do SIR ( Servizo de Identificación de RedIris). 

Pantalla das guías ofertadas pola BUSC na súa páxina web. Prema na imaxe para acceder.

Temos tamén a nosa canle en Youtube, onde temos distintos vídeos, como este, por exemplo, onde explicamos como podedes acceder aos recursos electrónicos da BUSC fora do dominio usc.es mediante o sistema de identificación de RedIris. O vídeo que vos amosamos explica como acceder a Web of Science. 

 

Do noso repositorio Minerva, no apartado correspondente a Biblioteca Universitaria, temos unha sección de guías e titoriais. Deixamos como exemplo a guía feita para a creación dun rexistro en ORCID.

 

Pantalla capturada dende o rexistro. Prema na imaxe para acceder a mesma e de alí ao documento.

 

 

Para traballar con bibliografías, realizalas dun xeito ordeado e que nos permeta a reciclaxe e exportación en diversos formatos, temos os chamados xestores bibliográficos. Ademáis de  Refworks (tedes unha guía aquí e unha presentación no noso blog Fonseca Cinco aplicacións prácticas do xestor de referencias bibliográficas. Pero non podemos deixar de falar dos outros dous que teñen mais pegada e parecen ser os favoritos entre os investigadores: Mendeley e Zotero.

– De Mendeley xa vos falamos cando comezamos a andaina deste blog. Agora contamos cunha actualización mellor da man de Julio Alonso Arévalo, sempre atento as últimas innovacións en ferramentas bibliográficas e en cuestións de todo tipo que atinxan a tarefa bibliotecaria. Mendeley ten unha interfaz moi vistosa, moitas prestacións e é moi intuitivo. No ano 2013 pasou a ser propiedade de Elsevier.   Podedes ver a súa presentación en slideshare:

Por outra banda, estaría Zotero. Cales son as diferencias? Zotero é un produto  libre e multiplataforma, que traballa coma unha extensión do Mozilla. Dado que vai mellorando e engadindo prestacións a partires das aportacións da comunidade de usuarios, é moi útil. Neste ano 2017 tivo unha importante actualización . Deixamos un vídeo básico sobre como usalo e, sobre todo, de todo o que podemos facer con él.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: