Acceso Aberto, Minerva, propiedade intelectual, Redes sociais

ResearchGate e as protestas das editoriais (a voltas coas redes sociais científicas)

Photo by Álvaro Serrano on Unsplash

 

Lemos en Nature o artigo, asinado por Richard Van Noorden, titulado Publishers threaten to remove millions of papers from ResearchGate  Preto de 7.000.000 de documentos: isto é o que podería desaparecer de ResearchGate, a popular rede social científica, de levarse a cabo a ameaza posta enriba da mesa polos editores a principios desta semana. O caso lémbranos bastante ao que sucedeu con Academia.edu hai uns tres anos, e do que dimos conta neste mesmo blog, aquí: Academia.edu, Elsevier e a fase “Napster” das redes sociais científicas, 

As redes sociais científicas gozan dun éxito inmenso: a un mundo que demanda, cada vez máis, inmediatez, o “Facebook para científicos” ven como anel ao dedo.  O tema é si os científicos- profesores de universidade, participantes en grupos de investigación, etc.- saben o que están a compartir. Ou, mellor dito, si saben ben os termos nos que poden compartir resultados da súa actividade investigadora. Hai que ter en conta varios aspectos:

1.- Nin as redes sociais cientificas nin as editoriais son ONGs. Todo faise por algo e detrás dese algo sempre hai un compoñente económico.

2.- Tanto Academia.edu como ResearchGate son, neste momento, donos de milleiros de datos, ofertados persoalmente por científicos de todo o mundo. Falamos algo deste modelo de negocio en “O significado do éxito de Academia.edu” neste mesmo blog.

3.- A cultura de comunicación científica sigue a ser deficiente por parte de tódolos sectores implicados : é importante que os investigadores coñezan e saiban que asinan e en que termos cando publican para unha editorial.

4.- A visibilidade é importante. E búscase, moitas veces, inmediatez, supeditándoa a sostenibilidade. Quen pode garantir a supervivencia dunha rede social? Ou mellor dito: a quen pertence? No artigo “The end of Academia.edu: how business takes over, again”  falase da progresiva implantación de distintas modalidades “de pago” no que, aparentemente, era un servizo “gratuito”. A resulta é a perda de relevancia de moitas das investigacións depositadas previamente, que non eran ben recuperadas polos usuarios que utilizaban a versión básica. E rematan decindo algo que é un dos principios básicos do Acceso Aberto:o coñecemento non debe ter como obxectivo facer negocio, senón xerar máis coñecemento e, porén, reverter no ben da sociedade.

Contra esto, o modelo de Acceso Aberto oferta fortaleza e a garantía dun repositorio institucional.  Unhas pautas claras de actuación (ademáis da obriga do depósito nos casos reflectidos na Lei da Ciencia ), normalización e control sobre o copyright.  Sobre como e que depositar temos algunhas guías, pero non podemos resistirnos a traer de novo un chisco de humor despois de tanta seriedade 🙂 e qué mellor que ler de novo FAQs sobre o noso repositorio Minerva (pechando con humor a semana do Acceso Aberto) 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: