Acceso Aberto, Comunicación científica, Recursos electrónicos

Cousas que se poden facer para mellorar o Acceso Aberto (pechando a OAW17 con esta reflexión)

 

LED Open fotografía de Petr Kratochvil en PublicDomainPictures,.net Premede na imaxe para orixinal.

 

Lemos en Open Scholarship un artigo co título deste mesmo post e pensamos que ten o suficiente interese como para facer un pequeno resumo, xusto agora que vimos de rematar a Semana De Acceso Aberto.

Comeza o artigo falando das situación do Open Access nun contexto que conta cos seguintes axentes, cada un deles coas súas propias intencións e circunstancias:

a) Por unha banda, os financiadores da investigación: Desexan manter o seu investimento, actuando como promotores do Acceso Aberto, aínda que existen diferenzas( algúns promovendo adopción de Vía dourada e outros agardando que o cambio do modelo cara OA sexa máis orgánico)

b) Os editores teñen bastante que ver, por exemplo, coa relación entre OA e innovación, tanto no desenvolvemento de novos modelos de negocio como no control da propiedade intelectual ou na contención dos prezos.

c)As bibliotecas son un piar fundamental como axentes do cambio. Un dos aspectos da súa relevancia nun futuro non moi lonxe é o de lexitimar e outorgar visibilidade aos repositorios de acceso aberto.

d) Comunidade académica: Os cambios aquí son mais lentos, e mesmo podemos considerar certa pasividade nos implicados. Aínda así, a comunicación científica baseada no coñecemento aberto ten que poñer de novo ao frente ao autor.

 

A interacción entre estes implicados xenera, a día de hoxe, un sistema que flue entre plataformas, normas e bloqueos que son, ademáis de frustrantes, caros e pouco dinámicos, ademais de non ser acaídos para o obxectivo fundamental: a visibilidade da produción investigadora.

Pasos que teñen que dar as bibliotecas en prol do Acceso Aberto: 

a) Axudar a eliminar a complexidade do proceso: o principal problema coa Vía Verde é que non é inmediata en moitas ocasións, pode ter costes ocultos e hai que ter moito coidado con respectar unha amplísima variedade de licenzas cos editores.

b) Reducir os custes por publicación en acceso aberto híbrido.

c) As bibliotecas universitarias deberían recabar apoios doutras bibliotecas, especialmente das Nacionais do país, no seu obxectivo do OA.

Como diría alguén, o voso turno.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: