BUSC, Fondo antigo, Galicia, Pasaron por aquí..., Patrimonio

Da Biblioteca América e do patrimonio humano e cultural (a propósito do Día do Patrimonio Mundial)

F. JAVIER  VILLAR TEIJEIRO

 

 

Bibliotecas, Arquivos e Museos de Galicia reunímonos para celebrar, o 16 de novembro, o Día do Patrimonio Mundial cunha oferta conxunta de contidos e actividades que poñen en valor o patrimonio cultural e colectivo de Galicia.As actividades desenvólvense de xeito presencial e na rede, e na BUSC, contribuimos cunha achega particular, unha peza que, cremos, contén gran parte da filosofía deste legado: unha carta mecanografiada de 1925 do creador da Biblioteca América que reflicte, en gran medida, a xenerosidade e actitude desinteresada do seu creador. 

 

 

Carta asinada por Gumersindo Busto, creador da Biblioteca América, na que rexeita calquera condecoración pola súa tarefa e solicita ser nomeado “bibliotecario de honra” da institución.

Na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela e na figura do seu creador, Gumersindo Busto Villanueva, reúnense unha serie de características que a fan un modelo perfecto do patrimonio cultural galego:

· Gumersindo Busto foi un emigrante galego de finais do século XIX que adicou a meirande parte da súa vida a un proxecto cultural inmenso: a Biblioteca América da que xa en 1915 Unamuno dicía que era a biblioteca española onde atopara mais obras americanas.

· A Biblioteca América é un paradigma de proxecto colaborativo. Milleiros e milleiros de persoas e institucións de moitos países das dúas beiras do Atlántico aportaron de xeito desinteresado todo o seu contido.

· Gumersindo fíxoo todo de balde, sen esperar ningún cargo, remuneración o recoñecemento. Un exemplo ético a todos os niveis

· O recuncho do claustro baixo do Pazo de Fonseca que da entrada á Biblioteca América non só da acceso a unha parte moi importante dos fondos desta biblioteca,  senón que amosa un dos lugares mais representativos, ensinados, emblemáticos e impactantes da universidade compostelana.

E como peza simbólica e moi representativa neste Día Internacional do Patrimonio Mundial presentamos un documento que reflicte perfectamente todas estas características.

 

Trátase dunha carta mecanografada polo propio Gumersindo Busto en 1925 na que rexeita un premio que a Universidade de Santiago quería pedirlle daquela ao Goberno de España.

Moi salientable a razón que daba entón o creador da Biblioteca América para este rexeitamento e que está na base da existencia mesma da Biblioteca: o seu carácter colaborativo e participativo, pero tamén que amosa a talla moral deste galego universal.

Nas súas propias palabras:

“Insisten en el propósito de obtener del gobierno de Madrid una condecoración para mí, no obstante la renuncia enviada por cable y confirmada luego por carta. Me preocupa ciertamente; por el escaso interés que me produce y por el temor de que pueda ser malinterpretado por aquellos de quienes demandé algún apoyo o contribución para el fomento de la Biblioteca.”

Recentemente dous descendentes de Gumersindo Busto expresaban en palabras todas estas impresións. Un dixo, despois de entrar na Biblioteca e quedar abraiado: “En esto es en donde el abuelo gastó toda la plata…”. Outro, resumindo a vida do seu antepasado nunha frase: “Todos emigraban a hacer las Américas, Gumersindo para hacer una biblioteca…”Mentiríamos se dixeramos que Gumersindo Busto non aspirou nunca a ningún cargo. No noso documento observamos que, o home que emigrou en 1887 e que ata a súa morte en 1937, só regresou puntualmente en 1909 e que nin sequera asistiu á inauguración en 1926 da súa propia creación, si pideu algo.

Outra vez nas súas propias palabras, atopamos este desgarro entre a súa orixe nunha parroquia preto de Santiago e o resto da súa vida arxentina:

“En otro tiempo, cuando aun era Jefe de la Biblioteca de esa Universidad, Don Manuel Feijóo Poncet, escribí a éste, preguntandole si no podría pretender ser nombrado bibliotecario honorario de la Biblioteca “América” que era cuanto apetecía … A mis hijos todos nacidos en esta tierra, legaré tan preciado título, para que quieran siempre a mi tierra, siquiera tanto como yo quiero a la de ellos”

Exemplo de contribución cultural e modelo de galego universal, esta carta mecanografada de 1925 constitúe unha peza dun valor inestimable.

Ligazóns complementarias

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: