A Biblioteca de Ciencias da Comunicación acaba de mercar o Arquivo Fílmico editado polo Filmmuseum, un importante proxecto internacional que trata de publicar obras de importante valor artístico, cultural e histórico que por diferentes motivos eran inaccesibles, ben pola censura, o deterioro ou a perda, e que hoxe se están a recuperar con importantes proxectos como o Lost Films. No noso catálogo podedes acceder polo nome da colección, Edition Filmmuseum.
Amosámovos algúns dos títulos que podedes atopar nesta colección:
Unha curiosidade: dándolle voltas a ese proxecto que se chama Lost Films, fixemos unha busca por país e quixemos ver se existía algunha referenza a un destas películas perdidas feitas en España e atopamos tres:
E a sorpresa aparece cunha delas, protagonizada por Paul Naschy (nome artístico de Jacinto Molina, famoso actor, director e guionista de cine de terror e misterio), da que non só se di que non se sabe si existe ou non, senón que mesmo hai controversia no feito de si se fixo algunha vez , engadindo asi moito máis misterio ao asunto. Parece ser que o director morreu pouco despois de rematar a película, é a única evidencia da súa existencia é a testemuña do actor protagonista que di que si se fixo pero que nunca chegou a ver o resultado final. Aparecerá algunha vez?
Conversa
Aínda non hai comentarios.