Comunicación científica

Navegación como futuro da edición académica

Lemos no LSE blog un artigo de Mattias Björnlmann titulado The future for academic publishers lies in navigating research, not distributing it.  O autor cuestiona a necesidade  que temos de editores e editoriais académicas tendo en conta os cambios que aconteceron nos últimos anos do pasado século na comunicación científica. A resposta a esta pregunta, entendámola como retórica  pasaría por un cambio de modelo dentro do propio contexto da edición. Björnlmann repasa cal é a situación actual ao seu xuizo, indicando que se ben no século XX o reto fundamental foi a distribución de novos achados, no século XXI  sería  alonxarse deste modelo baseado na distribución(suscricións e pago por procesamento de artigos) cara un  modelo de recuperación de coñecemento ou centrado no coñecemento.  En realidade, o que o autor propone é enriquecer os contidos con algunhas ferramentas xa ben instaladas nalgúns modelos de comunicación científica do que poderíamos chamar un modelo 2.0 (comentarios, reseñas, etc.) con cuestións de índole máis profunda como determinar qué direccións dunha investigación teñen máis garantía de éxito, a separación do ruido producido por unha inmensa produción documental,ou a conexión entre unhas liñas de investigación e outras que poden aparecer dispersas.

 

Coñecemento como producto vs Coñecemento como servizo (reprodución do gráfico contido no artigo)

Ata aquí, parecería que o que estase a propoñer aquí non ten moita difereza co traballo que veñen desenvolvendo o persoal das bibliotecas dende hai algúns anos, no sentido de apoio a investigación, distribuíndo e ofertando información relevante. Esta é a chave, a palabra “relevante” e o tema é en qué momento se fai esta: o autor fala do establecemento de modelos “computer-based”e na liña do que se fai na contorna das ciencias da saúde, cun enfoque baseado en algoritmos. Isto axudaría ao persoal de investigación a intentar respostar preguntas do tipo “por qué sucedeu isto”?, “Como podemos vencellar isto ao traballo doutras persoas?”, “Que deberíamos facer agora”? E aproveitar o aceso que podan ter a materiais como vídeos, descricións exhaustivas de métodos ou, incluso, “dark data”.  A situación dos editores no centro no que interaccionan diversos actores da comunidade investigadora, incluíndo – e isto é crucial- ás bibliotecas. Nesa liña que vai entre derivar do “coñecemento como producto” ata o “coñecemento como servizo”, entraría o persoal que coñece tamén, de primeira man, as necesidades da comunidade investigadora.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

Advertisements
%d bloggers like this: