Comunicación científica, Ferramentas, Recursos electrónicos

Transparencia nas contribucións de autores: a taxonomía CRedit

Photo by Oliver Thomas Klein on Unsplash Public Domain

Lemos en PNAS o artigo titulado Transparency in authors’ contributions and responsibilities to promote integrity in scientific publication-no que se propón unha nova liña para o asinado de artigos científicos dun xeito no que se poda determinar, equitativamente, a contribución de cada autor.  Non é o mesmo asinar un artigo coma número dous que vintecinco, por exemplo, ou tampouco é o mesmo ter unha responsabilidade final na investigación exposta que dirixila, e os criterios para adxudicar cadansúa importancia non son precisamente homoxéneos. A proposta parte desta consideración de falta de uniformidade, e recoñecen como moi necesaria a correcta atribución, especialmente que non de pé a malas prácticas. Para conseguilo, precísase a intervención dos distintos actores que teñen que ver na comunicación científica (revistas, universidades, axencias de financiamento).  Avógase polo emprego de ORCID, cara a unha correcta identificación e pretenden impulsar o uso  da taxonomía CRedit(Taxonomy Contribution Rol), propoñendo a inclusión desta información no apartado de metadatos do artigo.

Recomendacións para revistas:

  • Establecemento de estándares conxuntos para autoría.
  • Destacar a figura do coasinante (correspondent author) mediante a súa inclusión en tarefas concretas (determinar que o manuscrito final sexa aprobado e visto por tódolos coautores, por exemplo) asi como disuadir o que se ven chamando “publicación pantasma” (ghost publishing).
  • Impulsar o uso do CRedit (Taxonomy Contribution Rol). A importancia de establecemento desta pauta é que reune unha liña de actuación común, un vocabulario normalizado e estándar, ademáis de ter sido  consensuada con diversos axentes do mundo da comunicación científica . Sinalan tamén que é de fácil integración nos metadatos do autor (e non como un párrafo aparte)  da revista, e que, combinada con ORCID, proporciona estabilidade e correcta recuperación dos datos.
  • Alentar tamén ao uso dos estándares ORCID, algo que xa esixen a maioría das revistas.

 

Recomendacións para universidades, sociedades científicas e axencias de investigación:

  • Non é competencia das revistas dirimir en disputas de autoría. As universidades teñen que mellorar, actualizar e facer públicas políticas de autoría, involucrando non soamente ao profesorado, senón tamén aos equipos de investigación, postdoutourais, etc, e que determinen dun xeito claro os criterios para establecer a primeira autoría, coautoría, mencións e mesmo agradecementos nun artigo científico.
  • Subliñan de novo a importancia do uso de identificadores normalizados e destacan a iniciativa da Comisión Europea de recomendar o uso de ORCID no seu noveno programa marco . 
  • Moi importante é a proposta que fan para que as axencias esixan a entrega de referencias bibliográficas -nas solicitudes ou documentación esixidas para un determinado posto- tendo en conta as recomendacións do formato CRedit, o que permitiría discriminar a contribución do solicitante ao traballo conxunto.
  • Divulgación e difusión, organizando reunións sobre a importancia da transparencia na autoría.

Recoñécese no artigo que non existe aínda o modo de facer a atribución de certo tipo de contribucións como datasets , figuras ou modelo, animando a creación dunha ferramenta de software libre que permita engadir esta información.

Por outra banda, the National Academy of Science crea o sitio TACS (Transparency in Author Contributions in Science) No sitio enumeraránse as revistas cun compromiso para establecer estándares de autoría e distribuíndo as responsabilidades, o papel de cada autor e que esixan ORCID e CRedit. Alí atopamos, por exemplo, PLOS, que explica a súa postura neste artigo do seu blog PLOS collaborates in Reccomendations to Improve Transparency for Author Contribution.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

Advertisements
%d bloggers like this: